A instalación de 'lombos' en Estribela provocará restricións de tráfico o martes
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Pontevedra e Marín colaborarán este martes 4 de novembro no operativo especial de tráfico deseñado con motivo da colocación de 'lombos' ou pasos elevados no barrio de Estribela, que suporá restricións na circulación de vehículos pola zona.
Segundo informou a Policía Local de Pontevedra, as obras terán unha duración dun só día e comezarán a partir das 9.15 horas do martes para facilitar a circulación na hora punta de acceso aos colexios.
O operativo ten como obxectivo garantir a mobilidade de tráfico entre Marín e Pontevedra, pero conleva cambios nos fluxos circulatorios habituais. Así, o tráfico procedente de Marín cara a Pontevedra será desviado por Marqués de Valterra.
As obras consistirán na instalación deses pasos de peóns elevados na avenida de Marín dentro da obra integral posta en marcha polo Concello de Pontevedra para mellorar a seguridade viaria na zona e, a pesares das restricións, garantirase o tráfico de vehículos en ambas direccións.
A empresa disporá en todo momento de dous operarios con chaleco reflectante e paleta normalizada para a regulación da circulación nos casos que así o requiran, con especial atención aos vehículos que polas súas dimensións non poidan circular polo desvío habilitado. Estes vehículos se pasarán polo vial principal (PO11) previa detención da circulación do sentido contrario.
Relacionadas:
-
A reforma de Marqués de Valterra encara a súa fase final
Por Redacción |
-
Moreira quéixase da "improvisación" na execución varias obras urbanas
Por Redacción |
-
Conta atrás para a retirada da pasarela peonil de Estribela e o "cambio de cara" de Marqués de Valterra
Por Alejandro Espiño |
-
O modelo urbano esténdese a Estribela
Por Natalia Puga |