Samaín significa o 'fin do verán'
Por Redacción
Samaín significa o fin do verán. A noite do Samaín, entre o 31 de outubro e o 1 de novembro, coincide co primeiro día do ano do calendario celta. Os celtas celebraban a chegada do inverno e rendían culto aos mortos. Así llo explicou a profe aos seus alumnos do CEIP de Ponte Sampaio.
Ademáis da teoría os rapaces tiveron clase práctica nun obradoiro de baleirado de cabazas para logo decoralas na aula e outro de arañas que prepararon con galletas Oreo e regaliz.
Fixeron un túnel de medo que decoraron para a ocasión no ximnasio do colexio e tamén realizaron un festival do Samaín no que botaron un esconxuro e cantaron cancións do Samaín en galego, castelán e inglés: "Los esqueletos", "Corre, corre cabaciña", "knock, knock", "a pantasma de Vilar".
Quen di que ir ao colexio é aburrido?