A Rede Galega de Kioscos presenta un ERE extintivo para 16 persoas con discapacidade en Pontevedra
Por Redacción
700.000 euros de perdas nos últimos 4 anos preséntanse como a principal causa de que a Rede Galega de Kioscos (RGK) decidise presentar un Concurso Voluntario de Acredores e un expediente de regulación de emprego extintivo para 16 empregados na provincia, 11 deles traballaban nos establecementos de venda de prensa que teñen activos na cidade de Pontevedra.
Desta forma, este ERE afecta aos traballadores dos quioscos adxudicados á Federación de Asociacións de Minusválidos Físicos (COGAMI) de Rosalía de Castro, Avenida de Vigo, Praza de Galicia e a praia fluvial. Trátase de persoas con medias de idade de arredor de 40 anos e que teñen algunha discapacidade. A RGK cesa a actividade despois de 16 anos operando no mercado arrastrada pola crise económica. A empresa, segundo fontes sindicais, non deixa débedas e cumpriu con todas as obrigas legais e fiscais.
Recentemente, COGAMI tamén obtivo a adxudicación por parte do Concello de Pontevedra do reestruturado quiosco da Praza de Barcelos. Dende o goberno local mantéñense á espera do que poida suceder coa RGK para adoptar unha decisión que podería derivar nun procedemento administrativo rutineiro coa apertura dunha nova concesión dos quioscos.
Ramón Vidal, secretario comarcal de UGT, indicou que manterán unha asemblea cos traballadores e entre as opcións que se están a analizar encóntrase a de que os propios traballadores xestionen os postos de venda de prensa.
Relacionadas:
-
Liberados de pasar frío nos quioscos de Cogami
Por Redacción |
-
Reclaman a retirada do concurso de acredores dos quioscos de Cogami
Por Redacción |
-
Dous traballadores presentarán unha alternativa empresarial para continuar coa actividade nos quioscos de Cogami
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores da Rede Galega de Kioscos concéntranse en contra do ERE extintivo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os traballadores de quioscos afectados polo ERE extintivo, sorprendidos pola decisión empresarial
Por Redacción |
-
Veciños de Barcelos e San Antoniño coñecen as propostas de +Boavila para o seu barrio
Por Redacción |
-
Tapian o quiosco da Praza de Barcelos pola presenza de okupas
Por Redacción |