O Porto de Marín estuda a oferta de chan empresarial no Parque da Reigosa
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, acompañado do presidente da Autoridade Portuaria de Marín, José Benito Suárez Costa, e do coordinador de Xestur para a zona sur, Javier Domínguez, visitaron este venres o Parque Empresarial da Reigosa co obxectivo de que o responsable do porto estudie esta zona industrial da comarca, perfectamente urbanizada e con parcelas dispoñibles para que empresas que teñan vinculación co porto poidan instalarse neste área empresarial.
Este parque concibiuse como unha ampliación do Parque do Campiño e polo tanto pola súa situación pode perfectamente acoller empresas de toda a comarca e mesmo tamén moitas que teñan vinculación co porto de Marín, posto que está só a unha distancia de 15 minutos do citado porto.
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, afirmou que temos que "tenemos que ser conscientes de que en los próximos 10 años el único suelo industrial disponible en la comarca es este polígono industrial da Reigosa además del de Barro - Meis, y todos debemos trabajar juntos para promocionarlo, evitando localismos o generando dudas sobre la existencia de suelo industrial porque no lo haya físicamente en Pontevedra capital o en el puerto de Marín".
Perfecto Rodríguez admite que A Reigosa non pode ser propiamente un porto seco en sentido estrito porque non ten acceso ferroviario "pero eso no impide que pueda albergar otras empresas que no requieran tren para su transporte de mercancías, tal y como se está demostrando ahora con las dos nuevas naves del grupo ALUDEC o con la conservera ORBE, S.A.".
Relacionadas:
-
Lores reproba o rexeitamento do consello de administración do Porto de Marín á construción do porto seco
Por Redacción |
-
A Autoridade Portuaria desestima a proposta de Fernández Lores sobre a necesidade dun porto seco
Por Oskar Viéitez |
-
Colocan a primeira pedra da conserveira Orbe na Reigosa
Por Redacción |
-
Aludec traslada o seu centro de produción e oficinas centrais de Vigo á Reigosa
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas declara de "interese municipal" a Conservera Orbe rebaixándolle os impostos
Por Oskar Viéitez |
-
Lores forza un debate no Consello da Autoridade Portuaria para implantar o porto seco
Por Natalia Puga |