Un camión impacta contra a mediana de plástico en Curro
Por Redacción
Un camión con tráiler causaba un aparatoso accidente este martes 16 sobre as 14.00 horas cando circulaba polo nó de Curro (Barro) na estrada N-531. Por causas aínda por determinar, o vehículo impactaba contra a mediana de pezas de plástico que se encontra nesta estrada.
O accidente produciuse sen que se rexistrara ningún ferido pero foi necesaria a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico para controlar a circulación na zona xa que o camión dificultaba o paso dos vehículos cara a Pontevedra e Vilagarcía.
Unha hora máis tarde de producirse o accidente se restableceu o tráfico con normalidade tras retirar a cabina e o remolque do vehículo.