Unha nova sentenza obriga o Concello a pagar 1,2 millóns de euros a Sogama
Por Redacción
O Partido Popular sacou á luz unha nova sentenza que obriga o Concello de Pontevedra a pagar 914.000 euros por cotas impagadas durante o ano 2009 á que hai que sumar intereses por valor de 172.000 euros.
Segundo Jacobo Moreira, voceiro do grupo municipal do PP, esta cantidade habería que sumala á débeda de 65.000 euros ao mes que, dende marzo, se está a xerar por "la insumisión al pago del canon de Sogama" e alertou de que se está a hipotecar o Concello pontevedrés. O presidente dos populares locais criticou o alcalde sinalando que "siempre que Lores nos mete en los juzgados, nos está metiendo en una serie de líos que no tienen defensa. Sus incursiones en los juzgados ya se cuentan por derrotas". Ironizou referíndose á nova firma de crédito cunha entidade bancaria: "suponemos que será para pedir un crédito para pagar estas condenas millonarias que tendrán que pagar todos los pontevedreses".
O voceiro do goberno local, Raimundo González, explicou que a sentenza fora comunicada a última hora da mañá deste mércores 11 e sinalou que "resulta chocante que el Partido Popular actúe como mamporreiro de Sogama. Parece que se alegra deste tipo de sentenzas. En vez de estar defendendo os intereses dos cidadáns de Pontevedra ao que se sumá e aos intereses dunha empresa semi pública ou semi privada".
González afirmou que esta sentenza dependerá do recurso de amparo presentado ante o Tribunal Constitucional, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sentenciase a favor de Sogama, co que o goberno local espera que se anulen estas sentenzas anteriores derivadas polo enfrontamento entre o Concello e a empresa encargada da xestión dos residuos polo cálculo da cota por tonelada.
Raimundo González indicou que unha anterior sentenza que obrigaba ao pagamento de máis de 300.000 euros xa foi aboada e agora os servizos xurídicos municipais decidirán se se recorre esta nova sentenza ante o TSXG mentres se agarda que se admita a trámite o recurso de amparo.
Relacionadas:
-
O Constitucional falla a favor de Sogama no seu conflito con Pontevedra e o Concello cualifica de "lamentable" a decisión
Por Oskar Viéitez & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Pontevedra non baixará o recibo da recollida de lixo, a pesar da rebaixa do canon de Sogama
Por Redacción |
-
Lores cre que o PP só intenta facer "algo de barullito" coas súas críticas ás contas municipais
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra recorrerá a última sentenza de Sogama á espera da decisión do Constitucional
Por Redacción |
-
Os populares deciden levar ao pleno a "estafa política" do Concello co recibo da recollida de lixo
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra leva ao Tribunal Constitucional o seu preito polas facturas de Sogama
Por Alejandro Espiño |