Marea Pontevedra preséntase coa vista posta nas eleccións municipais de 2015
Por Diego Espiño
Un total de 54 persoas de diferentes ámbitos profesionais e asociacións asinaron o manifesto 'Por unha marea cidadá para Pontevedra', co que o colectivo Marea Pontevedra se deu a coñecer este sábado nun sinxelo acto celebrado ante o monumento aos Heroes de Ponte Sampaio.
Marea Pontevedra preséntase como "un espazo de conluencia no que caibamos todos arredor dun desexo común: acabar coas políticas ditadas polas elites e o poder económico".
Así reza o manifesto, que apunta directamente cara ás eleccións municipais de 2015, nas que pretenden converterse nunha alternativa despois dunhas últimas lexislaturas que "lograron modernizar Pontevedra en aspectos como a ordenación do tráfico, a ampliación de áreas peonís ou a reactivación cultural", pero que entenden "camiñou cara un modelo de privatización e externalización de servizos, unido a ausencia de políticas de transparencia e participación, políticas sociais ou de sustentabilidade".
Marea Pontevedra chama á participación cidadá contra a desafección política xerada pola situación económica ou os "vergoñentos casos de corrupción".
A asemblea fundacional do colectivo celebrarase o próximo mércores 10 de setembro na Casa das Campás, a unha hora aínda por confirmar e que desvelarán na convocatoria do acto a través da súa páxina web www.mareapontevedra.org.
Relacionadas:
-
Podemos Pontevedra invita á cidadanía a participar activamente no seu proceso constituínte
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra fará enquisas para elaborar o seu programa electoral
Por Oskar Viéitez |
-
Primeira toma de contacto entre o PP e Ciudadanos de Pontevedra para "estreitar lazos"
Por Oskar Viéitez |
-
A asemblea fundacional da Marea Pontevedra definirá a súa folla de ruta
Por Redacción |