2.500 mozos inscríbense no plan práctica laboral da Deputación
Por Oskar Viéitez
Un total de 2.500 licenciados, graduados ou diplomados universitarios e de F.P. presentaron as súas solicitudes para optar a contratos en empresas da provincia de Pontevedra dentro do Plan Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra para o ano 2014, según anunciou este venres en rolda de prensa o presidente da Deputación, Rafael Louzán.
O prazo de presentación de solicitudes rematou o pasado martes, día 29 de xullo, polo que á citada cantidade pódese engadir ainda algunha que chegue por correo.
O traballo na empresa comenzará o 1 de outubro e durará un ano
Según explicou Louzán, os 2.500 inscritos serán algún menos pois hai casos nos que unha mesma persona conta con dúas titulacións. "Dos presentados, nós daremos cobertura a perto de 500 nas 903 empresas da provincia que se acolleron ao Plan", dixo.
Unha vez rematado o prazo de inscripción dos xoves, os técnicos do Servizo de Recursos Humanos da Deputación proceden á comprobación dos seus datos e bases para a súa selección. Nela, o currículo ou expedente académico será valorado de 0 a 7 puntos; e a entrevista sobre o currículo e coñecementos relacionados coa titulación, de 0 a 3 puntos. O BOPP publicará as puntuacións obtidas e cada bolseiro elexirá a empresa na que desexe realizar prácticas.
O traballo na empresa comenzará o 1 de outubro e durará un ano.
Percibirán 800 euros ao mes para licenciados, graduados e diplomados, e de 700 euros ao mes para ciclos superiores.
Relacionadas:
-
A Deputación concede 6,1 millóns de euros para que os concellos contraten a 1.467 desempregados
Por Redacción |
-
Preto de 500 bolseiros escollen empresa para traballar durante un ano
Por Oskar Viéitez |
-
Colas de mozos formados para conseguir unha bolsa do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción |
-
647 mozos aspiran a ser contratados en empresas a través do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción |
-
Os bolseiros axudan a mellorar as convocatorias de prácticas laborais da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Ábrese o prazo para que os bolseiros presenten solicitudes ao Plan Práctica Laboral da Deputación
Por Oskar Viéitez |