Os cidadáns deixan a súa pegada en Eduardo Pondal
Por Mónica Patxot
Nenos, maiores e, en xeral, todos os cidadáns de Pontevedra que buscaban rematar coa situación que mantén a zona de debaixo da ponte de Eduardo Pondal como un dos puntos máis ensombrecidos do centro de Pontevedra. Todos deixaron a súa pegada nos murais que este martes se presentaron ao público como resulado do proxecto 'Vieiros de Luz'.
Durante a última semana todos traballaron para facer posible a transformación deste espazo público, que pasou de presentar un aspecto de abandono a converterse nunha zona chega de vida e, sobre todo luz. Na nova imaxe está a impronta de todos os que participaron, pois este martes pegáronse no muro as baldosas realizadas no obradoiro gratuito de pintura sobre cerámica realizado nos últimos días.
O obradoiro de cerámica, outro de pintura e o traballo dos cidadáns que nos últimos días pintaron varios murais baixo a ponte xa son visibles. Durante unha semana foron todo un espectáculo na rúa e a partir de agora son unha mostra do resultado que pode acadar o proxecto 'Vieiros de Luz', concebido co obxectivo de iluminar espazos da cidade que por un ou outro motivo teñen quedado ensombrecidos.
Comezou coas paredes da ponte da rúa Eduardo Pondal, pero esta iniciativa da Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra ten perspectivas de iluminar moitos máis puntos da cidade. Para iso contan coa colaboración de Portal48 e Producións Mutantes.
Relacionadas:
-
Arte urbano para embelecer a cidade
Por Alejandro Espiño |
-
San Antoniño e Barcelos, primeiras zonas de actuación do programa +Boavila
Por Alejandro Espiño |
-
+Boavila, un proxecto para acabar co feísmo e mellorar a calidade urbana e a convivencia nos barrios
Por Alejandro Espiño |
-
A arte urbana ilumina a cidade
Por Juan Mejuto |