Jacobo Moreira fai oficial a súa candidatura a presidir o PP local e anuncia que regresará ao Parlamento
Por Oskar Viéitez
O voceiro municipal do Partido Popular en Pontevedra, Jacobo Moreira, confirmou este xoves que aceptará a acta de deputado no Parlamento de Galicia para cubrir a baixa do ex conselleiro Agustín Hernández.
Moreira Ferro compareceu este xoves en rolda de prensa para anunciar oficialmente que presenta a súa candidatura á presidencia local do PP de Pontevedra no congreso convocado para o 12 de xullo, un conclave que servirá para substituír a Telmo Martín.
Jacobo Moreira afirmou que o seu regreso ao Hórreo "tiene más pros que contras" xa que simultaneará a súa nova responsabilidade como parlamentario coa portavocía municipal, uns cargos que xa compaxinou en 2011 durante algo máis dun ano cando substituíu ao entón recén elixido alcalde de Moaña, José Fervenza.
Naquel momento, Jacobo Moreira cobraba do Parlamento de Galicia cando explotou a crise dos soldos do PP no Concello de Pontevedra, que provocou a marcha de catro concelleiros. Polo momento Moreira non quixo adiantar que fará coa súa dedicación exclusiva na casa do concello.
CONGRESO LOCAL
Jacobo Moreira anunciou as propostas coas que aspira presidir o PP a nivel local que pasan por "revitalizar el partido" e "recuperar algunas estruturas internas" que existiron no pasado, como son as xuntas parroquiais.
Ademais, para "aprovechar el caudal de experiencia de los cargos orgánicos y públicos", conformarase un consello asesor. Do mesmo modo, considera "muy importante" integrar os mozos de Novas Xeracións.
"Nuestra intención es contar con el criterio de personas con un reconocimiento social incuestionable y con bagaje en las administraciones y en la gestión política para la constitución de un órgano al que serán sometidas todas las decisiones relevantes del partido a nivel municipal", indicou.
Unha oficina do cidadán "para canalizar las quejas", un comité de estratexia, acción política e redes sociais, e finalmente, a figura do valedor do afiliado do Partido Popular.
Polo momento Moreira non quixo confirmar ningún dos nomes das persoas que o acompañarán neste proxecto.
Relacionadas:
-
Jacobo Moreira toma posesión do seu escano no Parlamento de Galicia
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira, único candidato á presidencia do Partido Popular de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Moreira reúne os avais necesarios para presentar a súa candidatura á presidencia do PP local
Por Redacción |
-
O PP desvelará a partir de setembro o nome dos seus candidatos ás alcaldías pontevedresas
Por Alejandro Espiño |
-
Unha avogada, un médico e un funcionario de prisións, aposta de Moreira para "rexenerar" o PP local
Por Alejandro Espiño |
-
Rueda e Louzán negan que haxa 'tapados' no PP local, pero eluden un apoio explícito a Moreira
Por Alejandro Espiño |
-
Telmo Martín evita apoiar a Jacobo Moreira como candidato ao congreso local do 12 de xullo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |