Un viandante localiza un cadáver flotando no Lérez
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un viandante que camiñaba polo ámbito da Illa das Esculturas a primeira hora deste xoves localizou un cadáver flotando na canle do río Lérez e deu a voz de alarma.
O achado realizouse sobre as 7.00 horas. O cidadán viu o vulto e achegouse á Xefatura da Policía Local da rúa Rafael Areses para comunicalo. Nese momento estableceuse un dispositivo que trasladou á zona a axentes municipais, persoal do Corpo de Bombeiros e a Policía Nacional.
O falecido é un veciño do Burgo de 63 anos, que responde as iniciais L.C.G.
Fontes do Corpo de Bombeiros indicaron que, tras recibir o aviso da Policía Local, acudiron á zona e viron o corpo boca abaixo no centro da canle. Varios traballadores baixaron á auga equipados con traxes de neopreno e material de río, cargaron o cadáver nunha padiola e arrastrárona cara á beira. Alí utilizaron unhas escaleiras para salvar a altura de máis de dous metros do muro de contención e subiron ao paseo.
Unha vez que o corpo foi arrastrado á beira comprobouse que se trataba dun varón duns 60 anos, pero nun primeiro momento non logrou ser identificado e abriuse unha investigación para determinar a súa filiación e as circunstancias que rodean o incidente.
Os policías e bombeiros rexistraron a zona para intentar localizar a carteira ou algunha documentación do falecido, atopando unha mochila que permitiu identificalo coma un veciño do barrio do Burgo, de 63 anos e que responde as iniciaris L.C.G.
O suceso causou balbordo a primeira hora deste xoves na zona, pois o achado se produciu na zona traseira do centro de ensino A Xunqueira 1, unha zona na que a esa hora hai moitos cidadáns practicando deporte.