Os traballadores cren que as contas ofrecidas por Construcciones Crespo non xustifican o peche
Por Redacción
Dirixentes de Construcciones Crespo e representantes do comité de empresa reuníronse durante a mañá deste xoves no primeiro contacto para negociar o peche da empresa construtora que deixará a 90 traballadores sen emprego.
Segundo Xaquín Agulla, representante sindical da CIG, que conta con maioría no comité de empresa, os datos ofrecidos por Construcciones Crespo non serven para acreditar, de ningunha forma, unha medida tan grave como a que se pretende co peche da entidade. Agulla indica que estas contas de Construcciones Crespo se corresponden cos anos 2011 e 2012. E ofrecen no caso de 2012 un beneficio de explotación de 136.582,65 euros e un beneficio precedente que ascende a 22.060 euros.
Ademais, a parte social alega que as contas de Raminova Inversiones entregada durante a reunión son contas individuais e non contas consolidadas do grupo, como obriga a lexislación.
O equipo de traballadores concentrouse ás portas da empresa na rúa do Gorgullón coincidindo co inicio dunha folga de media xornada que se desenvolverá durante os días de negociación.
Relacionadas:
-
Os empresarios de Alicante interesados en Construcciones Crespo renuncian a súa compra
Por Anxo Lourido |
-
O plantel de Construcciones Crespo pide a Cores Tourís que a Xunta lle manteña as obras adxudicadas
Por Redacción |
-
Uns empresarios de Alicante fan unha oferta para adquirir Construcciones Crespo
Por Redacción |
-
Adían o último encontro entre dirección e traballadores de Construcciones Crespo
Por Redacción |
-
Louzán sobre o peche de Tafisa e de Crespo: "ÿ un problema extremadamente grave"
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Traballadores de Construcciones Crespo péchanse na Xunta e piden a dimisión de Cores Tourís
Por Anxo Lourido |
-
Denuncian que Construcciones Crespo busca a liquidación para deixar a 90 traballadores na rúa
Por Redacción |