Con PonteEmprego, segundo Carlota Román, "no nos quedamos con los brazos cruzados ante el paro"
Por Redacción
A feira do Emprego de Pontevedra, PonteEmprego, chega os próximos 25 e 26 de xuño á súa terceira edición como un congreso "de alto nivel" e co obxectivo de acadar os datos de participación de mil persoas do ano pasado e incrementar a 970 o número de asistentes aos obradoiros e actividades formativas organizadas. A concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Carlota Román, presentouno este mércores como un exemplo de que no seu departamento municipal "no nos quedamos con los brazos cruzados ante el drama del paro".
Román presentou a feira insistindo en que "los ayuntamientos no tenemos competencias en políticas activas" de emprego, pero decidiron actuar e poñer en marcha iniciativas coma esta "ante la inactividad de la Xunta de Galicia" como Administración que si ten competencias na materia. "No nos queda más remedio que movernos", sinala ao respecto.
A terceira edición de PonteEmprego adianta a súa celebración no Pazo da Cultura a xuño fronte as datas no mes de outubro das súas anteriores edicións porque busca unha mellor posición no calendario co obxectivo de que os participantes podan optimizar as súas posibilidades de colocación de cara ao verán.
Ademais, co obxectivo de non crear falsas expectativas entre os demandantes de emprego, non recollerá currículos na propia feira, senón que todas as ofertas se darán a coñecer antes a través do boletín informativo dixital PonteEmprego e facilitarase un correo electrónico de contacto de cada empresa para que se concerten entrevistas de traballo antes dos días da feira.
A concelleira destacou o reforzo nos obradoiros, que acollerán entre 15 e 25 persoas por sesión. O número total de prazas crece ata as 970, fronte ás 641 prazas da última edición. Os participantes aprenderán contidos clásicos (elaboración de curriculos, preparación de entrevistas...) e introduciranse na busca online de traballo, o montaxe de cooperativas, franquicias ou "coaching".
Aínda que a asistencia á feira é gratuíta, pero esíxese inscrición para os obradoiros. O prazo estará aberto entre os días 11 e 22 de xuño e unicamente pode facerse no sitio web www.proxectoiles.es.