O persoal relaciona o peche de Tafisa co final do compromiso da empresa co Concello de Pontevedra
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot
"Creemos en la viabilidad de la fábrica de Ponte Caldelas", así de contundentes mostrouse o presidente do comité de empresa de Tafisa, José Manuel Moledo, na rolda de prensa que realizou durante a mañá deste 21 de maio en compañía doutros compañeiros do comité e os secretarios comarcais de UGT, CIG e CC.OO.
Moledo mostrou o seu desacordo coa cifra de 9,7 millóns de perdas que emprega a empresa para xustificar o peche da factoría sinalando que "este mes entraríamos con números positivos y desde enero la tendencia era ascendente en ventas y beneficios. Los 9,7 millones de perdidas que declara la empresa no nos los creemos. En diciembre de 2010 habíamos ganado 1.095.000 euros. En diciembre de 2011 y 2012 las pérdidas fueron de 920.000 euros y en 2013 se barajaba una cifra similar, pero este año las cosas apuntaban a una mejora". Os representantes do comité indicaron que o equipo sempre accedeu a aceptar o ERE que lles formulou a empresa e cada traballador leva gastados 11 meses de prestación do desemprego coa intención de "salvar esta empresa".
Moledo destacou o impacto que o peche de Tafisa tería na provincia porque "en repuestos, proveedores y empresas locales gastamos alrededor de un millón de euros anuales y las materias primas que se adquieren de otras empresas de Sonae alcanza los 10.500.000 euros al año".
Os secretarios comarcais de CC.OO., CIG e UGT, José Luis García Pedrosa, Marcos Conde e Ramón Vidal, incidiron en que esta decisión empresarial se produce cando se cumpre o prazo de dez anos do convenio asinado co Concello de Pontevedra no que se comprometían durante ese período de tempo a manter a actividade de Tafisa na bisbarra. "Aquí o que vai facer é culminar unha estafa aos traballadores e á cidadanía de Pontevedra", asegurou García Pedrosa.
Os representantes sindicais indicaron que a intención da empresa é trasladar a produción a Alemaña e que a empresa están copiando o sistema de traballo que realizaban en Ponte Caldelas para desenvolvelo ás fábricas de alá.
Os sesenta traballadores da empresa conta cunha media de idade próxima aos 50 anos con 20 de antigüidade na fábrica, que durante estes días está a traballar con normalidade. Membros do comité calculan que do actual equipo apenas 20 traballadores poderían ser recoados nas fábricas de fibras que Sonae ten en Betanzos ou en Valladolid.
Para intentar evitar o peche, a partir do 27 de maio os traballadores iniciarán unha folga indefinida na nave de Ponte Caldelas e o 28 teñen previsto convocar unha manifestación polo centro de Pontevedra. Nos seguintes días levarán a cabo outras protestas ante a sede de Sonae en Maia (Portugal) e en Madrid. Ademais, o comité de empresa continuará mantendo entrevistas con autoridades. Este xoves reuniranse co alcalde de Pontevedra, o venres recibiraos o presidente da Deputación e xa solicitaron unha entrevista co conselleiro de Industria.
Relacionadas:
-
Tafisa inicia a negociación do peche e os traballadores manifestaranse este mércores
Por Redacción |
-
Louro proporá o estudo do convenio de Tafisa para reclamarlle o mantemento dos postos de traballo
Por Redacción |
-
Louzán sobre o peche de Tafisa e de Crespo: "ÿ un problema extremadamente grave"
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O Pleno de Ponte Caldelas aproba por unanimidade unha moción de apoio aos traballadores de Tafisa
Por Redacción |
-
Lores solicitará entrevistarse coa dirección de Tafisa para intentar frear o peche
Por Redacción |
-
O alcalde de Ponte Caldelas solidarízase co persoal de Tafisa, que o 27 de maio iniciará a folga
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores de Tafisa iniciarán actos de protesta para intentar evitar o peche da fábrica
Por Anxo Lourido |
-
Tafisa anuncia o peche co despedimento de 60 traballadores
Por Redacción | Creada e actualizada