Churra, eliminada de MasterChef: "Fue todo muy duro, pero me voy feliz. Ha sido una oportunidad de oro"
Por Redacción
Rematou o soño televisivo de Churra, a pontevedresa de 71 anos que participaba na segunda edición de MasterChef. Ela foi a expulsada no cuarto programa deste concurso culinario emitido por TVE. Marcha satisfeita con esta experiencia, a pesar de ser incapaz de traballar baixo presión, con tempo límite e a presenza dos xuíces, que aínda que "fueron majos", recoñece que lle poñían nerviosa.
"Aquí es todo muy duro. En cuanto llegaba aquí a la cocina se me ponía una bola en el estómago que bendito sea Dios que se terminó", explicou a pontevedresa antes de despedirse do programa. Pero unha cousa ten clara. "Yo estuve aquí feliz. Esta fue una oportunidad de oro porque que a los 71 años vayas a un concurso de cocina y te encuentres querida por tanta gente Me dije este es el último tren que va a pasar por mi vida y lo voy a aprovechar".
Con esa filosofía, Churra deixou unha reflexión final aos espectadores. "La gente que tiene mi edad, que sepan que nunca es tarde ni para trabajar, ni para alegrarse ni para tener una meta en la vida. Que no se queden en casa mirando para las paredes. Que disfruten de la cocina, de la vida, de todo lo que nos da el día a día", afirmou ao abandonar as cociñas do programa despois de catro semanas.
Churra despediuse entre os aplausos e as bágoas dos seus compañeiros, demostrando que en apenas un mes conquistou o cariño de todos eles. E tamén dos xuíces do programa, Jordi Cruz, Pepe Rodríguez e Samantha Vallejo-Nágera, que destacaron dela a súa elegancia, a súa simpatía e a súa tenrura. Da súa cociña gabaron a sabedoría que lle proporciona a súa experiencia e o sabor da cociña tradicional que achegou ao programa.
churra deja #masterchef que grande eres @ChurraMChef2
Samantha de España (@SamySpain) Mayo 7, 2014
Muchas gracias por estar con nosotros un día más... Nos vemos en siete días en las cocinas de #Masterchef PD: Churra, Eres lo más grande!!
Jordi Cruz Mas (@JordiCruzMas) Mayo 7, 2014
Amo a @ChurraMChef2 Que linda es!!!
Eva González (@evagonzalezf) Mayo 7, 2014
"Yo veía Masterchef y me chiflaba", explicou Churra a Eva González, presentadora do programa trala expulsión. "Y una de mis hijas me dijo, mamá con lo bien que cocinas tienes que ir al programa, aquí no lo he demostré por cierto", dixo entre risas. Ao principio, sinalou, descartou presentarse. "Le dije que estaba loca porque allí solo va gente joven", pero a súa filla apuntouna igual "y cuando empezaron a llamarme pensé: caramba, debo ser la bomba"
- ¿Sabes qué me decían mis nietos?, decíalles Churra aos xuíces ao coñecer a súa eliminación.
- ¿Qué decían?, preguntaba Pepe Rodríguez.
- Abuela, vas a ganar y nos vamos a forrar, respondía a pontevedresa espertando o sorriso de todos no plató.
Non terá gañado premio económico ningún, pero si o cariño dos seus compañeiros e da audiencia. O que non sabemos é se a súa familia terá cumprido o desexo que expresou na súa despedida: "Espero que en Pontevedra me reciban cunha pancarta e a banda de música".
ASI FOI A SÿA DESPEDIDA
Foi un programa complicado para ela. "No puedo seguir, estoy totalmente bloqueada. Esto me supera", chegou a comentar durante unha das probas. Debían elaborar tres tipos diferentes de macarons cos consellos de Christian Escribà, considerado un dos mellores pasteleiros do mundo. Posteriormente, os concursantes viaxaron a Lisboa para, divididos en equipos, elaborar un prato con bacallau e pasteis de Belem para un grupo de españois afincados na capital portuguesa.
Relacionadas:
-
Ketty, unha pontevedresa "por amor" que participará na sexta edición de Masterchef
Por Alejandro Espiño |
-
Nutricionista, 29 anos e embarazada: Así é Lidia Folgar, a moza de Caldas que concursa en Masterchef
Por Alejandro Espiño |
-
De Bueu á casa de 'Gran Hermano': Hugo Pérez e a súa cabra, entran no popular concurso de Telecinco
Por Redacción |
-
As Rías Baixas, en 'MasterChef': visita ás bateas do Grove e cociña con mexillóns en Pepe Vieira
Por Alejandro Espiño |
-
Churra, unha pontevedresa de 71 anos, a aspirante "máis entrañable" da segunda edición de MasterChef
Por Redacción |