Cáritas e Manos Unidas agradecen cun festival a solidariedade dos pontevedreses
Por Redacción
"La situación no ha cambiado con relación al año pasado", asegurou María Jesús Prieto, responsable de Cáritas en Pontevedra. A crise segue esixindo un enorme esforzo solidario por parte de todos, que dende Cáritas e Manos Unidas queren agradecer cun Festival "pola xustiza e contra a fame".
Será o próximo sábado 10 de maio na praza da Ferrería, de 17:30 a 20:30 horas, e segundo explica o seu promotor, Pedro Campos, trátase de "un evento pensado para toda la familia, con actividades para los más pequeños, al tiempo que habrá música, deporte y baile para jóvenes y adultos".
O espectáculo conta coa participación de numerosos artistas como a Orquestra Los Duendes, FG Ossiel Producter, Gustavo Almeida, Marketa, Alejandro Barreiro, Ninico El Negro, DJ Isaac Skandall, Marcos Fly, Rosa del Todo, Rafa Fiesta, Flavia e o ximnasio Gim Sport.
"Aunque hay situaciones muy tristes, este es un festival muy animado y con alegría, hay que transmitir esperanza y alegría", destacou María Jesús Prieto.
Esta acción enmárcase dentro da campaña mundial contra a fame e a dilapidación e desperdicio de alimentos que impulsa o Papa Francisco co lema 'Unha soa familia humana, alimento para todos'.
O propio Pedro Campos relata en primeira persoa un exemplo da actividade que desenvolven Cáritas e Mans Unidas "un día tuve hambre y ellos me dieron de comer. Un día estuve enfermo y me dieron medicinas", explica.
Este percusionista cubano que traballaba en varias orquestras galegas, sufriu a mazada da pobreza e tivo que chamar ás portas de Cáritas, agora que a súa situación mellorou quixo agradecer o traballo que realizan estas institucións.
María Luisa Fernández, voceira de Manos Unidas, precisou que no festival "no vamos a pedir nada", non é esa a súa intención senón agradecer a axuda de todos os cidadáns que ao igual que os artistas que colaboran neste evento o fan de forma solidaria.