O xuíz condena o Concello a pagar 5,3 millóns polo terreo do Gafos
Por Redacción
O Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra nun un auto do pasado 22 de abril, establece que o valor real dunha parcela usurpada aos seus donos en 2007 para crear o parque dos Gafos é de 3.278.616,44 euros. A esta cantidade deberanse sumar os intereses e a multa pola ocupación ilegal, o que eleva a cifra final ata os 5.294.847 euros que deberá pagar o Concello de Pontevedra.
Segundo informa o xornalista, Nicolás Dávila, en páxinas de Faro de Vigo, esta cifra é catro veces maior da que estableceu o propio Concello en 2012, cando cifrou en 1,3 millóns de euros a cantidade a aboar aos propietarios.
Na súa parte dispositiva o auto apercibe expresa e persoalmente á alcaldía do Concello de Pontevedra para que aboe esta cantidade aos demandantes, dous irmáns de Ourense. Se non o fai, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, podería ser multado con 1.500 euros por cada mes de incumprimento.
A parcela en cuestión, de 6.156 metros cadrados, sitúase na zona de Ponte Bolera e a súa ocupación ilegal xa foi confirmada polo TSXG en 2011, o que obrigou o Concello a asumir a indemnización.
Ao non fixar o fallo unha cantidade concreta, o goberno local elaborou a súa propia valoración: 846.000 polo chan, cantidade que non foi aceptada polos afectados, que acudiron de novo á vía xudicial co resultado agora coñecido.
Segundo recolle o xornalista Christián Casares, para La Voz de Galicia, o avogado dos demandantes, Antonio Feijoo Miranda, puntualizou que "aun cuando el auto destaca por su minuciosa argumentación, y se acerca sustancialmente a nuestra tesis, con toda probabilidad se recurrirá en apelación para pedir un incremento de la indemnización".
Relacionadas:
-
Non hai como ter unha parcela á beira do Gafos!
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
O Concello "debe cero euros" aos propietarios do terreo 'usurpado' no Gafos
Por Natalia Puga |
-
O goberno local consigna catro millóns de euros para o pagamento da leira dos Gafos
Por Redacción |
-
Tres sentenzas contrarias ao Concello superan a quinta parte do presuposto municipal
Por Redacción |
-
O goberno local acusa os propietarios do terreo dos Gafos de "quererse lucrar" á súa costa
Por Diego Espiño |