Pontevedra despide a súa Semana Santa coa procesión de Xesús Resucitado
Por Diego Torrado
A aparición da chuvia durante boa parte do Domingo de Pascua fixo temer a unha suspensión da última procesión da Semana Santa de Pontevedra, o Encontro do Resucitado coa súa nai a Virxe María.
Finalmente os pasos puideron saír á rúa con tres imaxes simultáneamente ata encontrarse todas ante o santuario da Peregrina.
Tras a finalización da misa das 19:00 horas, a imaxe da Nosa Señora do Amor Fermoso, acompañada da súa Confraría e representacións, partiu da Parroquia de San Xosé de Campolongo.
Ao mesmo tempo dende San Bartolomé saíu en procesión a imaxe do Resucitado, da Confraría da Veracruz, e dende Santa María a imaxe de San Xoán, acompañada da Confraría da Maior Dor.
Unha vez xuntos procedeuse a formar unha soa marcha que se recluíu na igrexa de San Xosé.
Con este acto clausurouse oficialmente unha Semana Santa na que se puideron celebrar todos os festexos previstos.