Patrimonio dá carpetazo ao aparcadoiro proxectado na Horta do Cura
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Dirección Xeral de Patrimonio de la Xunta de Galicia informou negativamente o proxecto de aparcadoiro deseñado para a Horta do Cura.
Trátase da mazá interior de mil metros cadrados delimitada polas rúas Bastida, Alhóndiga, Don Filiberto, Manuel Quiroga, Fernández Villaverde e Michelena.
Segundo informou o concelleiro de urbanismo, Antón Louro, tras obter un primeiro informe desfavorable, a sociedade promotora Ebirac 21 presentou un segundo estudo de detalle para a construción dun aparcadoiro subterráneo nesa mazá interior. Aínda que este documento asumía as medidas correctoras que marcaba Patrimonio, a Xunta rexeitou novamente o proxecto.
"A decisión é preceptiva e vinculante", sinalou Louro, "a marxe de manobra do Concello e moi limitada ou nula".
Patrimonio esixía máis espazos verdes e unha nova solución para o edificio da rúa Bastida por onde se consideraba o acceso para a entrada e saída de vehículos.
Antón Louro non ocultou o seu pesar pola decisión de Patrimonio que rexeita un aparcadoiro privado que se debuxaba como unha solución ao problema de aparcamento no centro histórico onde practicamente ningunha casa ten garaxe.
Este proxecto naceu no ano 2003 e no seu anteproxecto deseñaba un espazo con tres sotos con ao redor de 35 prazas de aparcadoiro cada unha, en venda ou aluguer.
"Agora darémoslle un prazo á promotora para manter o expediente vivo e poder seguir avanzando sobre este asunto", dixo Louro que animou á empresa promotora a "tratar de persuadir, convencer e negociar" aos responsables de Patrimonio xa que dixo dende o Concello "nos estariamos por favorecer isto pero a posición dalgunha administración parece que é de poñer problemas máis que de resolvelos".