Visita guiada a "una Pontevedra sin barreras"
Por Redacción
"Bienvenidos a la visita de una Pontevedra sin barreras". Así se presentaron os alumnos do Ciclo Superior de Guías de Turismo do Centro de Formación Profesional Carlos Oroza aos aproximadamente 25 afiliados da Once antes de realizar unha visita guiada pola cidade.
ÿ o segundo ano no que se realiza esta actividade, que supón unha proba á formación adquirida polos estudantes do ciclo superior.
Os aspirantes a guías turísticos explicaron aos usuarios da Once os segredos da praza da Ferrería, os xardíns de Casto San Pedro ou do Convento de San Francisco, que conta varios enterramentos medievais e escudos que reflicten parte da historia de personaxes e familias de Pontevedra.
A visita prolongouse por espazo aproximado de dúas horas.