María Biempica rompe a disciplina de voto do PP e rexeita a reforma do aborto de Gallardón
Por Alejandro Espiño
ÿ un "ejercicio de responsabilidad personal". Así xustificou María Biempica, concelleira do PP no Concello de Pontevedra, o voto co que rompeu a disciplina do seu partido en relación ao polémico anteproxecto de reforma da lei do aborto, impulsado polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón. Desmarcouse cos seus compañeiros apoiando a moción presentada no Pleno por BNG e PSdeG-PSOE, para esixir ao Goberno a retirada deste anteproxecto.
Tras mostrar o seu convencimiento de "la necesidad de que los concejales y diputados actúen como equipo a la hora de asumir una decisión como partido", María Biempica sinalou que "sin embargo, hay momentos históricos en los que se exige una mirada distinta" e apelou ao "voto en conciencia", destacando que "ahora es nuestro turno como concejales de tomar posición simbólicamente del sentir de nuestros electores de Pontevedra".
Neste sentido, a concelleira asegurou ter preguntado a moitos dos electores e afiliados ao partido e "es una realidad que no hay un consenso ni en contra ni a favor entre la militancia del PP y hoy mi mejor servicio para la ciudadanía de Pontevedra que represento humildemente será el de votar por una reflexión más profunda de esta ley", ao entender que se trata "un tema que es moral e ideológico y por ello muy personal".
Finalmente, Biempica confesou sentir que é a súa "responsabilidad", nun "sano ejercicio democrático", que o partido "asuma la diferencia de criterios en su interior sin que sienta que se debilita como partido, sino al contrario que se fortalece". A este respecto, ao remate do Pleno reiterou estar "muy tranquila y contenta" co sucedido e asegurou que se o PP decide sancionala por iso "acataré cualquier decisión de mi partido".
O xefe de filas dos populares, Jacobo Moreira, asistiu sorprendido ao discurso de María Biempica. Tralo Pleno afirmou que non coñecía previamente o sentido deste voto, xa que a consigna do partido era votar a favor do anteproxecto de lei. "Hubo decisión de partido, sí", recoñeceu ante os xornalistas. En todo caso, negou que se vaian a tomar medidas contra ela "porque creo que no entendió la moción presentada".
DEBATE SOBRE O ABORTO
Ata entón o debate sobre este asunto desenvolveuse segundo o guión previsto. Tanto Carlota Román como Carmen Fouces, desde as filas de PSdeG-PSOE e BNG respectivamente, defenderon manter a actual lei de prazos e acusaron ao Goberno de plegarse ante os "intereses dous bispos e da dereita recalcitrante" para, na súa opinión, "prohibir que as mulleres sexan libres".
Ademais, acusaron ao PP de ofrecer un "espectáculo teatral", no que dúas faccións dentro do partido, os "fachas ultracatólicos" e os "progres como Feijóo" simulan pelexarse sobre este asunto. "Que ninguén se confunda", dixo Carmen Fouces, quen situou aos populares na "caverna política", ao recordar que foron os que se opuxeron "ferozmente" non só ao aborto, senón á lei do divorcio ou ao matrimonio homosexual.
Pola súa banda, a viceportavoz do Partido Popular, María José Rodríguez Teso, que antes do sucedido con María Biempica anunciara que o seu grupo votaría en contra da moción, recoñeceu que o anteproxecto ten "aspectos mellorables" e hai que buscar o "máximo consenso posible", algo imposible, dixo, se se retira a lei. Malia iso, asegurou que "non se trata dunha lei acorde a un pensamento determinado".
Relacionadas:
-
"Hola, somos Tod@s por Pontevedra y nos presentamos a las elecciones"
Por Natalia Puga |
-
María Biempica celebra a retirada da lei do aborto: "De alguna forma se me da la razón"
Por Alejandro Espiño |
-
María Biempica volve marcar distancias cos seus compañeiros de partido
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Moreira cuestiona a Lores por Bildu e este proponlle falar de espionaxes 'yanquis' ou das escisións do PP
Por Alejandro Espiño |
-
BNG e PSdeG-PSOE acordan un novo reparto das exclusivas e o PP ameaza con volver o xulgado
Por Alejandro Espiño |