Veciños reiteran a perigosidade da PO-308 en Samieira: "cualquier día me llevan por delante"
Por Natalia Puga
Veciños de Samieira únense ás críticas que levan anos realizando tanto o Concello como os residentes noutras parroquias situadas ao longo do trazado da estrada autonómica PO-308 entre Poio e Sanxenxo pola perigosidade que presenta este vial en varios puntos e a falta de medidas por parte da Xunta de Galicia. "Cualquier día me llevan por delante ", lamentan.
Esta demanda remóntase atrás no tempo, pero cobrou actualidade tralos recentes accidentes rexistrados na zona. O último produciuse o venres 7. O condutor accidentado tivo que ser trasladado en ambulancia a un centro médico e causou danos no vehículo dun veciño cando o tiña estacionado no beiravía e outro coche saiuse da vía e impactou co mesmo. Nesa mesma familia, nos últimos meses sufriron a mesma sorte dous turismos. Os estragos cóbreos o seguro do outro condutor, pero "las molestias las causa".
O punto máis conflitivo é a avenida de Laño (logo da recta de Samieira se se circula de Raxó cara a Poio) e unha veciña da contorna denuncia que varios residentes na zona enviaron recentemente (en decembro) un escrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas denunciando a situación e a demanda tivo resposta, pero non suficiente: "nos contestaron que toman nota, pero no hacen nada".
Este luns trasladaron a queixa ao alcalde de Poio, Luciano Sobral, pero este pouco pode facer á marxe de volver trasladar a situación á Xunta, pois o vial non é municipal. Si se comprometeu a retomar as xestións para mellorar a seguridade unha vez que terminen as obras para instalar a tubaxe de Acuaes que se están a realizar na zona.
Segundo relatan, hai moitos anos que se rexistran este tipo de accidentes, pero "últimamente son más frecuentes" e prodúcense, de media, cada 15 días. Os danos son variados e todos "muy molestos". Así, é habitual que os coches sinistrados choquen con outros que estean aparcados na beiravía, a varios veciños derribáronlles xa varias veces o muro de pechadura da casa e hai na zona un poste do alumado púbico que xa tivo que ser reposto en reiteradas ocasións. Nalgunha deixou aos veciños sen luz exterior.
Ademais dos danos materiais, os continuos accidentes deixaron sensación de medo entre os veciños. "A mí ya me da miedo hasta salir a pasear y salir de casa", relata unha veciña que o venres presenciou o último accidente en Laño, "si hubiese entrado en casa dos minutos antes me llevaba por delante a mí". Segundo explica, "hasta ahora estaba en casa y salía al escuchar el ruido, pero esta vez lo vi y pudo pasarme a mí. Lo peor es que estoy muerta de miedo".