Premios Ig Nobel e Santa Clara de Pontevedra

09 de octubre 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Son, desde hai máis de quince anos, seguidor dos Premios Ig Nobel. Estes premios están organizados pola revista de humor científico Annals of Improbable Research AIR (Anais de Investigación Improbable)i> . Cada ano recoñecen estudos e investigacións de científicos que primeiro "fan rir e logo pensar"

Son, desde hai máis de quince anos, seguidor dos Premios Ig Nobel. Estes premios están organizados pola revista de humor científico Annals of Improbable Research AIR (Anais de Investigación Improbable) . Cada ano recoñecen estudos e investigacións de científicos que primeiro "fan rir e logo pensar". Outórganse dez premios en diversas categorías, incluíndo as categorías dos Premios Nobel, é dicir, física, química, medicina, literatura e paz. Ademais, existen outras categorías como saúde pública, enxeñería, bioloxía e investigación inter-disciplinar. Entregábanse no Sanders Theatre da prestixiosa Universidade Harvard, este ano vaise facer no MIT Museum, Cambridge (USA) e contan coa colaboración de auténticos premios Nobel (https://improbable.com/ig/2023-ceremony/#Ig-Ceremony-2023).

Non vou negar que ao principio miraba os Ig Nobel como unha cousa de broma, como brincadeiras de científicos. Non era para menos xa que só cos títulos soaba a extravagante. O premio de física do ano 2003 foi por "unha análise das forzas necesarias para arrastrar unha ovella sobre superficies diversas". Ou do Paz de 2007 que o levou o Laboratorio da Forza Aérea USA , de Dayton (Ohio) por fabricar unha "Bomba Gay" para provocar a homosexualidade no inimigo e con iso minar a moral da tropa.

Son moitas as casuísticas que se recollen nestes premios desde "o porque os parrulos nadan en pelotón, ou o uso do dixomedíxome para uso persoal, ata a temperatura dos testículos dos carteiros ou identificar as diferentes bacterias que se atopan nas gomas de mascar que están pegadas nas beirarrúas". A min que máis me sorprendeu foi o premio de Química do ano 2004 que llo deron a Coca-Cola Company de Gran Bretaña, por usar o que eles lle chamaban un "altamente sofisticado proceso de purificación baseado en tecnoloxía espacial da NASA" para depurar auga do río Támesis e logo vendela coa súa marca (Dasani). O certo é que o proceso de depuración é un sistema de osmose normal e corrente, coma o que hai en moitos fogares. Logo tiveron que retirar a auga do mercado xa que contiña un axente canceríxeno, o bromato.

Vivimos nun país onde a financiación pública que se destina á investigación é moi modesta, e a privada é case inexistente. Isto pode facernos dubidar si este tipo de ensaios son unha ciencia de tolos. Eu penso que non, que a ciencia nace da curiosidade. Estábamos aviados si non houbera investigación básica de cousas raras. Como se chegarían a desenvolver teorías como todo o que ten que ver co Cosmos?. O caso de Charles Hard Townes é un exemplo. Acusábano de gastar demais nos seus ensaios. Dicíanlle que tiraba cos cartos nos seus traballos das ondas de radiación. En 1964 déronlle o Nobel por inventar o láser.

Vendo que se cometían inxustizas con moitas desta investigacións básicas a Asociación Americana para o Avance da Ciencia (American Association for the Advancement of Science – AAAS), editora da famosa revista Science, rende homenaxe a investigadores aos que un día foron motivos de burla e escarnio, e logo os seus estudos revolucionan o campo no que traballaban. O seu premio é Golden Goose Awards (Premios Ganso de Ouro, hai que traduce por "Galiña dos ovos de ouro") https://www.goldengooseaward.org/.

Galicia ten representación este ano nos Ig Nobel, un grupo de traballo formado por Bieito Fernández Castro, da Universidade de Southampton, como primeiro autor, xunto cos investigadores do Grupo de Oceanografía Biolóxica do CIM-UVigo Beatriz Mouriño-Carballido, Esperanza Broullón e Antonio Comesaña; Marian Peña, do Centro Oceanográfico de Baleares (IEO, CSIC); Enrique Nogueira, do Centro Oceanográfico de Vigo (IEO, CSIC); Miguel Gil Coto, do Departamento de Oceanografía do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC); Damien Bouffard, do Swiss Federal Institute of Aquatic Science and Technology e Alberto C. Naveira, da Universidade de Southampton, levou PHYSICS PRIZE polo traballo sobre "a pequena marusía causada pola actividade sexual dos bocartes" (Intense upper ocean mixing due to large aggregations of spawning fish). Estudo que foi publicado en Nature. Ogallá, máis cedo que tarde, vexamos recompensado este traballo cun Golden Goose Awards. Aconsello ver o seu vídeo divulgativo (https://www.youtube.com/watch?v=u1v80EXknnQ)

A esta altura do artigo estarán vostedes preguntando, e Santa Clara de Pontevedra que? Imos alá. Se os premios Ig Nobel, están baseados no "primeiro fante rir e logo fante pensar" no caso de Santa Clara habería que facer un premio que "primeiro fante fai rir e logo fante chorar". O que está a suceder con Santa Clara e o Museo vai acabar estudándose no Institut National du Service Public francés (antiga École Nationale d'Administration), que é a mellor escola da administración de Europa, como o que non se debe facer en democracia. Que non é democrático iso de tirar co que fixeron outros agora que eu goberno. Moitos, nomeadamente a dereita, confunden iso de gobernar con mandar. Xa me canso de escoitar iso de: "agora que mandamos nós". Non, non mandan, gobernan, senón é ditadura.

En xaneiro de 2022, lera nos xornais que se asinaba un convenio entre Concello de Pontevedra e Deputación para que esta se convertese en propietaria do Convento e facer un contrato para acometer un estudo arqueolóxico, histórico e de parámetros para estimar o tipo de construcións e reformas. Ao tempo paralizábase o proxecto construción dun edificio en Valdecorvos para acoller os achados arqueolóxicos da provincia, sempre que sexa posible facelo no antigo Convento. Tal e como está a Lei de Contratos do Sector Público elíxese un método de traballo do máis loable que é facer un concurso internacional nunha primeira fase á que se presentan 23 propostas, nunha segunda fase elíxense cinco finalistas e o xurado, de entre elas, elixirá á gañadora. O estudo Nieto Sobejano Arquitectos gañou o concurso para a rehabilitación do antigo convento de Santa Clara para convertelo na sétima sede do Museo de Pontevedra co proxecto "verbas de Pedra". O proceso seguinte debe ser adxudicarlle o proxecto ao gañador. Pero...

Houbo eleccións. Xa non é o mesmo equipo na Deputación. E volvemos á tradición: "non continuar nada que empezaron as outras e os outros". Volvemos ao touciño rancio. Ao, agora o xoguete e meu e, o acordado dáme igual. Así leo a frase do vicepresidente da Deputación, Rafael Domínguez, "la propuesta del anterior gobierno era la de vandalizar, era la de destrozar, los jardines de Santa Clara para hacer un almacén". Visto así ata eu me asusto. Pero non, non é así. Primeiro porque xardíns, o que se di xardíns no hai moitos. Vandalizar non creo que sexa o máis acaído. O que hai é un horto do convento que pouco a pouco se foi deixando de cultivar. Tamén, e isto seino por experiencia propia de cando traballaba na concentración parcelaria, é necesario ter un lugar para os restos arqueolóxicos que van aparecendo, si eu lle contara en que sitios vin restos chorarían. O edificio para os achados arqueolóxicos, o que para o sr. Domínguez é un almacén, iría soterrado en tres plantas, e só quedaría a vista unha marquesina no lugar que agora son unhas viñas (Polo menos é a conclusión que eu quitei cando mirei o proxecto). Non é serio, nin de países serios, dar unha marcha atrás, como é caso, por riba co prestixio que collera. Desacreditando a uns profesionais, neste caso arquitectos que, estou certo, respectaron a lexislación vixente en todos os proxectos presentados.

 Por iso sería interesante propoñer ao equipo de goberno da Deputacións Provincial de Pontevedra aos premios Ig Nobel no eido da Enxeñería co traballo "Vandalización de xardíns conventuais". Sería para rirse se non fora que é para chorar.