Por desgraza, e por máis que se tente maquillar, creo que temos o exemplo máis patente disto no Ministerio de Igualdade, no que a ministra e as súas "acólitas" non deixan de sorprendernos cos seus constantes disparates, as súas saídas de ton, ao tempo que dilapidan miles e miles de euros e, o peor de todo, teñen nas súas mans as vidas de moitas mulleres e de moitos nenos e nenas.
Francamente, eu estou asustada, moi asustada, e non é unha frase feita, porque se a loita contra a violencia de xénero neste país noso xa deixaba moito que desexar, este derroche de megalomanía, ao que chaman feminismo, do que fan ostentación estas mulleres día si e día tamén, é para dar arrepíos a calquera que estea concienciado nesta loita, que camiña claramente cara atrás, agás para elas, que están mais ocupadas en disfrutar do seu novo estatus e do elevado tren de vida que lles permite levar coma se non houbera un mañá, ademais de exhibirse ao carón de quen lles procura sona e foto, que de cumprir o que prometeron e tentar arranxar aquelo que precisa unha reforma urxente no eido da violencia machista.
Raro é ó día no que algunha delas non nos agasalla con algunha das súas "perlas", e esta semana foi a quenda da secretaria de Estado de Igualdade, Ángela Rodríguez, Pam, que arremetía contra os "abogados de violadores", aos que acusou sen reparos de tentar rebaixar as penas destes, criminalizando o exercicio da avogacía en función do delito do que se trate e ignorando por completo, evidentemente, o dereito de todos e cada un dos ciudadanos a ser defendidos, sexa cal sexa a súa condición, tal como recolle a Constitución, independentemente do delito que puideran cometer, e, naturalmente, do que, a título personal podan sentir ou pensar os letrados encargados de exercer tal defensa, coma calquera outra persoa, porque iso é o que son, mais alá da profesión que exerzan, persoas, cos seus sentimentos, pero tamén conscientes das súas obrigas.
E conste que eu son a primeira que clamo ao ceo cando considero que a pena imposta a un maltratador, ou a un violador non é todo o rigorosa que considero que debera ser, algo, recoñezo, que sucede con frecuencia, pero as cousas son como son, e os avogados non fan se non cumplir co seu deber.
O peor de todo non é soamente a máis que evidente e grave falta de obxectividade da Sra. Rodríguez, se non o seu intento de eludir a súa responsabilidade acerca de algo que nace da aprobación de denominada lei do "Solo Si es Si" da que a súa "xefa" e amiga, a ministra Irene Montero, se erixiu en abandeirada e se outorgou coma un dos maiores logros dela e do seu partido, e da que os expertos xa advertiron desde o primeiro momento de que a supresión de tramos penais, en función da graduación dos delitos contra a integridade sexual, así como a súa apresurada formulación, podería abrir unha vía de reclamación para que os agresores sexuais condenados en firme puideran beneficiarse dunha redución das súas condenas, malia o cal foi aprobada deprisa e correndo, algo ao que xa se converteu no selo de identidade do ministerio de Igualdade cada vez que hai unha repunta de violencia machista do que hai que desviar a atención: Aprobar medidas coma se non existira un mañá, en ristra, malia que a súa eficacia e a súa sensatez sexa a maioría das veces algo máis que cuestionable.
É. unha vez máis, cumpriron coa que xa é a súa tradición.
Lamentablemente, pronto se demostrou que esa máis que probable fenda da que falaban os expertos existe, e a petición da redución dunha desas penas a un condenado en firme, de 8 a 6 anos foi admitida a trámite, algo, certo, que nos pon a calquera os pelos de punta, pero ante o cal, lonxe de admitir a súa responsabilidade, o seu erro, e de que o avogado está a facer o seu traballo, a Sra. Rodríguez non se lle ocorre mellor idea que cualificalo de "propaganda machista" e arremeter contra o colectivo dos avogados, que, loxicamente, se senten agraviados ante tal falta de respecto, ante a cal moitos deles xa se pronunciaron, non soamente a título persoal, senón tamén desde o Consello Xeral da Avogacía, ou desde o ICAM de Madrid.
Mención aparte merece a confusión que as temerarias e imprudentes manifestacións da Sra. Rodríguez poden chegar a crear, e, de feito, crean, entre a opinión pública, co dano que isto implica.
En calquera caso, a ela tanto lle ten, e, a estas alturas, creo que temo claro que non podemos pretender que entenda a aqueles que, lles guste ou non, teñen que cumprir co seu deber, nin que non todo o mundo ten a fortuna de contar cunha amiga ministra que te leve da man a un mundo novo, independentemente dos seus méritos, que algún terá, supoño, e que, iso, cumprir co seu deber, sexa algo secundario, porque soamente se vive unha vez, non si, Sra. Rodríguez?, e non é cousa de desperdiciar o tempo con parvadas.
Mellor culpar aos demais dos fallos do que elas mesmas promoven e aproban.
Asociación Si, hai saída