O mestre Hixinio Cambeses Carrera, naceu en Antas A Lama en 1900, nunha familia humilde, dotado dunha xenialidade innata para a música, que aprende a executar de maneira autodidacta, persoas que aínda o recordan din del que era un mozo sensible, educado e profundo, dotado dunha grande sensibilidade.
En Antas funda a Banda CELTA infantil e comeza a súa lenda como compositor. Segundo podemos ler no Correo de Galicia, órgano da coletividade galega no exilio na Arxentina:
«Aquella [a banda Celta Infantil de Antas] con ser una agrupación musical que maraville con su ejecución, es, sin embargo, un buen combinado, tan bueno como el mejor popular; pero no es eso lo esencial; en ella, hay una nota muy particular, y es que dicha banda ejecuta casi exclusivamente las composiciones de su director don Higinio Cambeses Carrera, un mozalbete de pequeña estatura y gordote, de figura sanchezca, con xestos[?] de "Quijote" afable de caracter; en él no se oculta nada, habla lo que siente, el cual nos hizo admirar su ya gran producción y del mérito que evidencian, entre tantas otras, obras como "Viva la legión", "El sitio de Zaragoza", "Una noche por la calle", "Ad'o [sic] eixe carballeira".
A maxia da súa música convérteno nun afamado director de bandas que o levaría a Cuntis, Padrón ,Ordes e Viveiro, mentres continua a súa labor creativa como compositor.
Compoñía moitos dos temas que tocaban as bandas: o pasodobre do "Zumba Loureiro", a xota "Campanas de Oro", ou a peza "A noite do Santo Cristo", "Flores de la Calle" e os pasodobres dos pasarrúas, que eran todos da súa autoría e mantiña sen títulos. Este home coñecía ben os seus músicos, e facía destacar as destrezas de cada un adaptando as pezas para realizar arreglos maxistrais. Foi unha persoa innovadora,moi creativa e cunha clara visión da tradición sendo responsábel de introducir as gaitas na banda, convertendo a banda de música de Cuntis na primeira en empregar a Gaita Galega.
En 1931, Hixinio Cambeses preséntase demandante do Partido Radical Socialista nas eleccións municipais de abril de 1931, que tiveron como resultado a chegada da Segunda República. Uns meses antes, en 12 de marzo dese mesmo ano, publica en La libertad de Ponte Vedra un fermoso artigo titulado ¡La aldea despierta!.
No que Hixinio comezaba así , nun texto en plena vixencia hoxe en día: "Fai non moitos anos apenas se escoitaba falar da república na aldea; a maioría do pobo cría que profesar o ideal republicano, era ser un salvaxe, un bandido, un home sen crenza algunha, segundo lle facían crer (ó pobo) os representantes do caciquismo" e continua dicindo "Aqueles tempos podreceron completamente en que o infiel predicaba ó pobo facéndolle crer que o seu ideal era o máis san, prometéndolle carreteras, camiños veciñais, pontes, mil ofertas pero ó fin o cacique o único que pretendía era o voto, para conservar ó poder"
En 31 de xullo de 1932 facía a súa presentación a Agrupación Musical de Ordes, A Coruña, baixo a batuta de mestre de Antas da Lama. Esta banda estivo activa poucos anos e xa en setembro de 1933 Hixinio Cambeses aparecía na prensa como rexente da banda de Viveiro.
Nesta vila nordestina estivo até o fatídico 18 de xullo de 1936. A partir desa data no entorno do mestre produciranse numerosas detencións polos falaxistas. Aos poucos días, Hixinio Cambeses organizou unha Comisión de Axuda aos Presos.
«Sen embargo, a Comisión durou moi pouco tempo ao ser disolta por orden do comandante militar da praza, Manuel Vaamonde, que, ademais apercibiu aos seus compoñentes. Días despois sería detido, encausado e suspendido de emprego Hixinio Cambeses. NUEVO CAL, Carlos A represión fascista nas terras de Viveiro in www.memoriahistoricademocratica.org
Despois da súa detención diversos autores falan do seu encarceramento na Illa de San Simón, non atopándose o rexistro da súa entrada , máis desaparece dous anos, onde afirma ser torturado e ultraxado feito que determina o seu tráxico final.
Entre 1943 e 1948 foi director da Banda de Cuntis.
«No 1948 marchou para Padrón como director da Banda Municipal, pero seguiu vindo continuamente a Cuntis, onde tiña moitos amigos. Sufría manía persecutoria. Quedara tocado debido á presión e ao medo a que fóra sometido despois do alzamento militar do 36, con continúas detencións, malleiras e sancións laborais e económicas. Estando en Cuntis metíanselle cousas na cabeza, como que lle querían pegar ou matar. O correcto era que lle tiña medo aos falanxistas e por iso, xa estando na banda de Padrón, cando viña a Cuntis durmía na fonda de Calveiro, pois era amigo de Baldomero Andrade, que militaba na Falanxe, e na súa casa sentíase máis seguro.» SEIXO PASTOR, Marcos A represión franquista en Cuntis. Memoria de 1936. O proceso contra Aurelio Rei e outros cuntienses. in www.aelg.org
Cando só levaba un ano como rexente da Banda de Padrón, Hixinio Cambeses non aguantou máis e puxo fin a súa vida dun modo agónico. Un breve no ABC publicado en 22 de febreiro de 1949 relataba o acontecido en Cuntis:
«En Cuntis intentó poner fin a su vida el director de la banda de música de Padrón, D. Higinio Cambeses Carrera, que sufría manía persecutoria. Para llevar a cabo su propósito se dio un corte en el cuello y otro en un brazo, y al ver que no era bastante se arrojó por una ventana de su domicilio, resultando en la caída tan sólo con la fractura del pie izquierdo. Trasladado al Hospital Provincial, fueron intervenidas sus lesiones y momentos mas tarde el herido se arrolló una sábana al cuello y se ahorcó. El suicida era un excelente compositor de música, habiendo dirixido varías bandas en Galicia.»
O Centro Documental de la Memoria Histórica de Salamanca custódia un suplicatório de indulto para Hixinio Cambeses Carrera, Daniel Carballido Di e Cándido Carreras Domenech. Os tres foron condenados polo tribunal da Coruña, sentenza do 23 de decembro de 1941 a pagar duascentas cincuenta pesetas por «haberse destacado como izquierdista, desempeñando cargos locales y haciendo propaganda. Daniel pagó 125 ptas de la sanción».
O indulto chegou en 1960, corenta anos despois da morte de Cambeses, cando a el xa non lle serve de nada.
De Hixinio Cambeses Carrera soen dicir os músicos de banda que foi un dos mellores compositores de Galiza e fe diso danos a súa peza "Unha noite no Santo Cristo" SGAE 370.481 e outras moitas como Una vez en la Habana Cod. SGAE 4.880.706 Nosa Terra Cod. SGAE 451.770 ou ¡Adios para siempre!, célebre marcha fúnebre para banda Musical dedicado ao seu pai José. SGAE 370.096. José Luis Dopico Orjais. lhadeorjais.blogspot.com.es
Hixinio Cambeses xunto con José Cerviño García, coñecido como Maestro Cerviño o Pepe da Pena son dúas das figuras máis importantes da historia do noso Concello cos que cumpre non ser cómplices do esquecemento.
María Erundina Louro Justo