Águeda Cons roza o podio na súa estrea no Campionato de España Open
Por Redacción
A só 11 centésimas do podio quedou Águeda Cons na súa estrea no Campionato de España Open de Natación que este sábado se iniciaba en Málaga.
A deportista do Galaico foi cuarta na proba dos 800 libre (8:43.04) pero non logrou achegarse ao seu mellor rexistro persoal (8:30.85) e por tanto á marca mínima para o Europeo, que tamén se poñía en xogo. Si conseguiu a clasificación para os Xogos Olímpicos da Xuventude.
A que si conseguiu o billete para o Campionato de Europa do próximo verán foi a vencedora da proba, Mireia Belmonte (8:30.48), mentres que Jimena Pérez foi segunda (8:36.84) e María De Valdés terceira (8:42.93).
Águeda Cons tamén tomou parte nas eliminatorias e semifinais dos 100 libre, do mesmo xeito que a pontevedresa Bea Gómez Cortés na primeira das distancias nas que está inscrita. Bea asinou o 12º mellor tempo das semifinais (58.48) e Cons o 16º (59.03), mentres que Clara Otero marcou un rexistro de 59.94 nas eliminatorias.
Tamén competiu na primeira xornada do Open de Primavera, na 200 bolboreta, Carla Goyanes, sendo 17ª na semifinal (2:20.59).
O Campionato de España Open Absoluto Open de Primavera de natación prolongarase ata o vindeiro mércores 11 de abril. Consulta aquí os resultados completos de cada unha das probas.
Relacionadas:
-
Medalla de prata para Bea Gómez nos 200 estilos do Campionato de España Open
Por Redacción |
-
Bea Gómez entra en escena no Nacional Open de natación
Por Redacción |
-
A natación é cuestión de 'promesas'
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Águeda Cons, ao asalto das mínimas para o Campionato de Europa
Por Diego Espiño |
-
O Club Natación Galaico imponse no Campionato Galego de Inverno
Por Redacción |
-
Fin á experiencia de Águeda Cons no Europeo de Conpenhague
Por Redacción |