Ante a Ponferradina, prezos populares para aumentar a asistencia a Pasarón
Por Diego Espiño
SOS do Pontevedra Club de Fútbol á súa afección para tentar saír da complicada situación na que se atopa o equipo, inmerso en postos de descenso directo a Terceira División desde a pasada xornada.
Con tempo por diante pero sen marxe para o erro, os granates vivirán o vindeiro domingo (17:00 horas) un duelo de vital importancia ao medirse no Estadio Municipal de Pasarón a un dos seus rivais directos na loita por salvar a categoría, a Ponferradina, que conta con 5 puntos máis na clasificación.
Por iso, conscientes do moito que haberá en xogo, o Consello de Administración do Pontevedra decidiu lanzar importantes promocións para o encontro co obxectivo de aumentar a asistencia no coliseo pontevedrés e axudar así ao equipo a lograr tres puntos moi valiosos.
Por primeira vez esta tempada o club deixa de lado o abanico de prezos habitual fixado a inicio de curso, en función do rival, ofrecendo unha considerable rebaixa nunha campaña especial que conta co lema "Se ti vés... Gañamos!".
Así, a entrada de Tribuna terá un custo de 10 euros e as tres bancadas restantes (Preferencia e fondos) custarán só 5 euros. Iso en canto aos maiores de 18 anos, porque os menores de idade contarán con acceso de balde ao estadio.
Ademais, e neste caso só ata o venres nas oficinas do club en Pasarón (9:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas), os abonados do Pontevedra poderán retirar unha invitación, aínda que será exclusivamente para a bancada de Preferencia.
O domingo 18 de marzo os despachos de billetes do estadio abrirán ao público unha hora e media antes do choque.
Relacionadas:
-
Punto con bo sabor do Pontevedra ante a Ponferradina (2-2) tras remontar por dúas veces
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Conxura granate para superar á Ponferradina e saír de postos de descenso
Por Diego Espiño |
-
A final de Copa Federación espera o Pontevedra tras empatar en Sagunto (1-1)
Por Redacción |
-
O Pontevedra tira da súa primeira unidade para buscar en Sagunto a final da Copa Federación
Por Diego Espiño |
-
Empate xusto pero insuficiente para Coruxo e Pontevedra (1-1)
Por Ramiro Espiño |
-
A canteira ao poder: Lezcano e Rivera dan vantaxe ao Pontevedra sobre Atlético Saguntino (2-1)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Rayo Majadahonda castiga a fraxilidade dun Pontevedra esvaecido (0-3)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |