Berrocal e Añón seguen entre algodóns pero apuntan ao Cerceda
Por Diego Espiño
Á espera de que se confirmen movementos no mercado invernal, a actualidade no Pontevedra Club de Fútbol volve ao verde do terreo de xogo ante a importancia que adquire o choque do próximo domingo (17:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón ante o Cerceda, actual pechacancelas da categoría.
Os granates acumulan 11 xornadas sen gañar e atópanse "dolidos porque han dado una imagen que sabe que no es la idónea" en Bouzas, asegura Luismi sobre os seus xogadores, que "quieren que llegue ya el domingo" para resarcirse.
Trátase dun partido no que non hai marxe para o erro, e por iso os futbolistas que arrastran problemas físicos tampouco quereno perder e achegar así o seu gran de area.
É o caso de David Añón e de Berrocal. O primeiro deles, pese ao diagnóstico médico que recomenda descanso debido a un edema óseo na pube, recoñece que a súa intención é forzar para poder entrar na convocatoria sempre que Luismi o estime oportuno.
Algo similar pasa con Berrocal. Unhas molestias musculares fixéronlle traballar este xoves a menor ritmo que os seus compañeiros. Xunto a Añón participou só no inicio da sesión celebrada en Pasarón para despois retirarse seguindo as indicacións do recuperador do equipo.
"Estamos cuidándolos para que puedan llegar en conidiones el domingo", recoñece o técnico, que desta forma e coa volta de Adrián León tras a súa sanción podería contar con todo o plantel dispoñible para o encontro.
Relacionadas:
-
Algo máis que tres puntos para o Pontevedra que respira gañando o Cerceda (2-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra e Cerceda ven as caras nun partido a vida ou morte
Por Diego Espiño |
-
Roberto Feáns puxo o seu cargo a disposición do club no mes de decembro
Por Diego Espiño |
-
Incorporar dous centrais, prioridade do Pontevedra antes do peche do mercado
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra compensará os socios que pagaron o suplemento especial 'GranaTú'
Por Diego Espiño |
-
Acalorada Xunta Xeral de Accionistas no Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |