Irene Trabazo colga a medalla de prata no Campionato de España de Ciclocrós
Por Redacción
Partía como unha das opcións claras de medalla para o equipo galego e non defraudou. Irene Trabazo, recente campioa da Copa España de ciclocrós da súa categoría, fíxose coa medalla de prata no campionato nacional disputado durante a fin de semana na localidade vasca de Legazpi.
Trabazo foi segunda na categoría sub-23 despois dunha dura e emocionante proba, con moito barro e auga no circuíto, na que protagonizou unha igualada pugna pola segunda praza coa catalá Magda Durán.
Ambas mantiveron a súa loita ata os últimos metros saíndo vencedora a ciclista marinense por 24 segundos. O ouro levouno con autoridade a corredora vasca Luisa Ibarrola, con 1:51 de vantaxe sobre a deportista do Marín-Ottoman.
Galicia sumou en Legazpi un total de catro medallas, grazas ao ouro de Carlos Canal na categoría junior, con Adrián Barros terceiro, e tamén o bronce da cadete Noela Saa.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo, satisfeita coa súa primeira participación mundialista
Por Diego Espiño |
-
Irene Trabazo asina en Nommay o seu mellor papel na Copa do Mundo de ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo, convocada para o Campionato do Mundo de Ciclocrós
Por Diego Espiño |
-
Irene Trabazo e Zoe del Río, representantes do Club Ciclista Marín no Nacional de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo imponse a Lucía Vázquez e coróase como campioa galega de ciclocrós
Por Redacción |
-
Recepción municipal a Irene Trabazo tras vencer na Copa de España Sub-23 de ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo cúrtese na Copa do Mundo de Ciclocrós
Por Redacción |