Nacho López preséntase co Pontevedra convencido de que "vamos a sacar esto adelante seguro"
Por Diego Espiño
O Estadio Municipal de Pasarón foi escenario este xoves da presentación de Nacho López como xogador do Pontevedra Club de Fútbol, primeira pero non última fichaxe invernal do equipo.
O lateral dereito asturiano, que procede do Lealtad do Grupo II e que xogou antes en Real Avilés, Caudal, Oviedo ou Ponferradina, asina co club granate ata final de curso e unha tempada máis.
"Estoy muy motivado y muy contento de estar aquí. Pontevedra es un sitio muy apetecible para un futbolista", sinalou o xogador na súa primeira comparecencia ante os medios de comunicación.
Nacho López, que se considera un futbolista "trabajador" e ao que lle gusta desde a súa posición sumarse ao ataque, coincidiu a pasada campaña con Goldar en Ponferrada e tamén coñece da súa experiencia profesional a Prosi. Non chegou a coincidir co agora técnico do equipo, Luisimi, futbolista do Real Oviedo cando el aínda era un xuvenil no cadro asturiano.
En canto aos seus obxectivos na Boa Vila, afastarse do descenso pasa por ser unha prioridade. "A nadie le gusta estar en la situación en la que el equipo se encuentra y yo vengo aquí a aportar mi grano de arena para intentar sacar al equipo a puestos más alto, yo creo que hay plantilla para ello", declarou para terminar sinalando convencido que "si todos remamos en la misma dirección vamos a sacar esto adelante seguro".
Tras disputar os 20 partidos de liga ata a data co Lealtad, chega a Pontevedra en forma e disposto a debutar o vindeiro domingo en Bouzas se o seu novo adestrador considérao oportuno.
A pesar da súa incorporación, nun posto específico que estaba a cubrir nas últimas semanas Juan Barbeito, o xuvenil granate seguirá polo momento no primeiro plantel, segundo confirmou o director deportivo, Roberto Feáns.
Relacionadas:
-
Incorporar dous centrais, prioridade do Pontevedra antes do peche do mercado
Por Diego Espiño |
-
Lamentable imaxe na primeira parte dun Pontevedra que toca fondo en Bouzas (2-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O partido no Baltasar Pujales de Bouzas, unha auténtica 'final' para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra busca no mercado invernal un central, un extremo e "veremos si un delantero"
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra en inferioridade desde o primeiro tempo cae coa cabeza alta en Burgos (3-1)
Por Redacción |
-
Lupe Murillo confía plenamente en Luismi para sacar adiante ao equipo
Por Redacción |
-
Nacho López, o lateral dereito que buscaba o Pontevedra
Por Diego Espiño |