Nova derrota dun Cisne entregado (27-33) fronte ao Universidad de León Ademar
Por Ramiro Espiño
Segue sen levantar cabeza o Cisne na recta final do campionato ligueiro. Os de Milucho Pintos volveron ser unha caricatura de si mesmos e caeron fronte ao Universidade de León Ademar nun partido no que o conxunto leonés tivo suficiente con aproveitar as perdas de balón e erros constantes dos pontevedreses, nunha horrorosa primeira parte, para deixar practicamente sentenciado o resultado no descanso.
Boa proba do desacerto local é que só cinco goles visitantes foron conseguidos en ataque posicional. O resto veu como consecuencia de fallos en ataque que daban lugar aos correspondentes contraataques leoneses. Por se iso fose pouco, a guinda e mostra definitiva da falta de tensión con que o Cisne está a afrontar estes últimos partidos púxoa o último gol conseguido polo equipo visitante no primeiro tempo, nun lanzamento directo co reloxo a cero, que tampouco soubo tapar a defensa local.
O segundo tempo só serviu para que os locais, un pouco máis entoados, unido a certa relaxación do cadro leonés, maquillasen un resultado que ameazaba con converterse en escandaloso.
CLUB CISNE (27): Toño Lafuente, Pablo Galán (p.s.); Pablo Domínguez (3), Alexandre Chan (2), Pablo Picallo, Andrés Sánchez, Martín Iglesias (1), Javier Vázquez (1), Edu Covelo, Pablo Rey, Miguel Simón, Pachi Dacosta (10), Adrián Freiría (6) e Dani Puente (4).
UNIVERSIDAD DE LEÿN ADEMAR (33): Luis de Vega, Juan Méndez (p.s.); Álex Graderas (1), Íñigo Jorajuria (7), Álvaro Carbajo (2), Diego Seivane, David García (7), Adrián Celada (3), Alberto Molina (6), Manuel Gopi (3), Mario Álvarez, Andrés Viñuela (1), Daniel Martínez (1) e Rodrigo Pérez (2).
Árbitros: Jesús Álvarez e José Carlos Friera (Asturias). Excluiron por dous minutos a Pablo Domínguez, Alexandre Chan, Pachi Dacosta e Íñigo Jorajuría.
Marcador (cada cinco minutos): 1-4, 4-9, 5-10, 8-13, 9-15, 11-20 (descanso), 12-22, 15-24, 17-26, 21-28, 24-30 y 27-33 (final).
Incidencias: Pavillón do Centro Galego de Tecnificación deportiva (Pontevedra). 50 espectadores.