Confianza en Luisito e revolución no plantel: "En diciembre tomaremos decisiones"
Por Diego Espiño
A presidenta do Consello de Administración do Pontevedra Club de Fútbol, Lupe Murillo, ratificou este luns en rolda de prensa a confianza da cúpula directiva en Luisito como adestrador do primeiro plantel, tras avanzar de madrugada a decisión de non aceptar a dimisión do técnico.
"Non se aceptou entre outras cousas porque entendemos que Luisito é o que mellor pode resolver a situación na que nos atopamos", explicou a dirixente, tendo en conta que "foi partícipe de todos e cada un das fichaxes que se fixeron neste club e Luisito coñece ao 100% a este plantel".
"Demostrou que neste club fixo moitas cousas, non se merece que nin sequera se aposte por el neste momento", defendeu.
Murillo asumiu que "algún erro cometemos", xa que non é a situación esperada a que atravesa o equipo na liga, a dous puntos do descenso. "Fichouse para ter un equipo competitivo, que estivese o máis arriba posible e as cousas non sempre saen", asegurou.
Lupe Murillo: "Vainos custar diñeiro, é certo, pero en decembro vai haber que tomar decisións"
Por ese motivo a presidenta granate confirmou que tomarán cartas no asunto, e así llo comunicaron ao técnico para facerlle cambiar de parecer, avanzando o que apunta a revolución no plantel cando abra o próximo mercado invernal: "Vainos custar diñeiro, é certo, pero en decembro vai haber que tomar decisións".
Para Lupe Murillo, a decisión de Luisito de presentar a súa dimisión non se debeu a un calentón, senón algo moi meditado, pero defendeu o traballo non só do adestrador senón tamén da dirección deportiva ou Consello de Administración, cos que "pasamos de Terceira División a xogar hai escasamente dous meses un play-off a Segunda".
"Como podemos dicir de súpeto que Luisito non é capaz de reverter esta situación?", pregúntase a máxima dirixente do club pontevedrés, para quen o obxectivo do equipo a pesar da súa actual situación "segue sen ser só a permanencia".
Relacionadas:
-
Onde estaría o Pontevedra sen os puntos perdidos nos últimos minutos?
Por Diego Espiño |
-
Superar a súa debilidade nos partidos a domicilio, unha necesidade para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Vencer o Navalcarnero en Pasarón, única medicina posible para superar a inestabilidade
Por Diego Espiño |
-
O foco de atención no Pontevedra volve ao plano deportivo
Por Diego Espiño |
-
Luisito promete traballo na volta aos adestramentos: "O que non quería era ser un estorbo"
Por Diego Espiño |
-
O Consello de Administración do Pontevedra non acepta a dimisión de Luisito
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Luisito presenta a súa dimisión tras a derrota en Talavera
Por Diego Espiño |
-
Trinta minutos e apagamento dun Pontevedra que se afunde repetindo erros en Talavera (2-1)
Por Redacción |