O Pinarium suspende a carreira Pinga Pinga por "non poder garantir a seguridade" dos participantes
Por Redacción
Xa é oficial, o Club Deportivo Pinarium decidiu suspender a carreira popular Pinga Pinga, que o vindeiro sábado 7 de outubro viviría a súa oitava edición.
Trátase dunha decisión "meditada", aseguran nun comunicado, e que se toma por "non poder garantir a seguridade dos máis de 500 nenos que ano a ano abarrotaban Santomé" ante a negativa da Asociación Deportiva Santomé "e o seu presidente e concelleiro de Marín, José Cidrás" a ceder o campo de fútbol de Chan de Piñeiro, lugar habitual de saída e chegada e tamén das probas de categorías inferiores.
O Pinarium considera que nestas circunstancias "non existe espazo físico dispoñible nas inmediacións do campo de fútbol" para realizar o despregamento necesario que levan as carreiras de menores e tambiñen polos servizos de ducha, bancadas, baños ou aparcadoiros, ao coincidir a cita coa celebración da Festa da Sidra e da Mazá.
Aínda que se lamentan de non tomar medidas de presión con maior antelación ao confiar en que o Concello "desbloquearía este irracional e inxusto asunto", a entidade deportiva asegura que seguirán adiante con "medidas legais" a través da Deputación de Pontevedra, que chegou a solicitar facer uso dun dos días que por convenio ten dereito a pedir as instalacións, sempre que non interrompan a súa actividade principal.
No seu comunicado o Pinarium pide desculpas aos deportistas que tiñan pensado competir no evento e tamén agradece a súa implicación a todos os voluntarios que fixeron posible as sete edicións anteriores da Pinga Pinga, nas que tentaron que "aquel que se achegase a Santomé estivese a gusto no noso pobo e marchase con ganas de volver".
Relacionadas:
-
Xornada de atletismo popular en Santo Tomé de Piñeiro coa VIII edicion da Pinga Pinga
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Á segunda vai a vencida e Santo Tomé conta as horas para a VIII Carreira Pinga Pinga
Por Redacción |
-
A organización da Pinga Pinga amóldase á nova data e prepara xa a súa oitava edición
Por Redacción |
-
Acordo a tres bandas para celebrar a carreira Pinga Pinga en novembro
Por Alejandro Espiño |
-
Joselyn Brea e Víctor Riobó vencen na XX Milla Urbana San Miguel
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Marea esixe a María Ramallo que non ceda á "chantaxe" que pon en risco a carreira Pinga Pinga
Por Redacción | Creada e actualizada
-
No aire a continuidade da carreira Pinga Pinga
Por Redacción |
-
O atletismo, protagonista en Santo Tomé de Piñeiro coa VII Pinga-Pinga
Por Diego Torrado |