O Teucro ilusiona superando ao Guadalajara nun partido eléctrico (33-31)
Por Diego Espiño & Diego Torrado
Tres puntos de catro posibles. Inicio soñado de tempada para un Condes de Albarei Teucro que deixou boas sensacións no seu primeiro partido no Municipal, aínda que se empeñou en sufrir nos minutos finais cando o choque parecía sentenciado (33-31).
En fronte estaba un Balonmano Guadalajara que parte con maiores aspiracións que os azuis, pero pouco importou cando cando comezou o partido, porque os de Quique Domínguez saíron dispostos a impoñer o seu ritmo alto de xogo, con transicións vertixinosas, e conseguírono.
Así, pronto conseguiron cinco goles de vantaxe (7-2). Funcionaba a defensa, Santana colaboraba na portería e en ataque comezaba a impresionar o brazo de Yoan Balázquez, que con 5 goles no primeiro acto (8 en total) mostrou a súa carta de presentación ante a súa nova afección.
Reaccionou o Guadalajara, pero fíxoo sobre todo apoiado no baixo listón arbitral coas exclusións (14 en todo o partido) e un erro do banco pontevedrés nun cambio, que propiciou unha dobre inferioridade aproveitada polo cadro visitante para reengancharse.
Coa inercia lograron empatar e mesmo poñerse arriba no marcador (10-11). Foi a súa única vantaxe en todo o encontro. Serenouse entón o Teucro e volveu ao plan inicial que tan bo resultado déralle. Volveu funcionar e ao descanso vencían de novo por tres (17-14).
Na segunda metade os de Quique Domínguez seguiron ao seu, e a pesar dos intentos do cadro castelán mantiñan sempre o dominio no electrónico. Pasaban os minutos e a renda local ascendía aos cinco goles (25-20), sen que se atisbara reacción por parte do Guadalajara.
Foi así ata os 5 minutos finais, nos que os visitantes, apoiados en Benedito e Víctor Vigo, elevaron o seu acerto e cun parcial de 1-4 obrigaron ao técnico pontevedrés a parar o encontro (31-29) a menos de 3 minutos. Puxéronse nerviosos os azuis e a punto estiveron de pagalo, cando cunha perda inesperada de balón en ataque regalaban un gol a porta baleira ao estar sen porteiro na fase de ataque (32-31).
Entrábase así no último minuto con tensión máxima e incerteza no pavillón. Podían escapar uns puntos que parecían no peto, pero o Teucro terminou sentenciando a falta de 30 segundos nun lamzamiento de 7 metros de Carlos García que fixo estalar de xúbilo á bancada. A vitoria, merecida, quedaba no Municipal.
Boa carta de presentación dos azuis ante a súa afección, ilusionando na súa volta á Liga Asobal e gañando un importante colchón de puntos e confianza, aínda que evidenciando á súa vez que queda marxe de mellora.
SD TEUCRO (33): Santana (1), Borja Méndez (4), Juan Quintas (2), Rial, De Castro, Edu Moledo, Gehrhardt -sete inicial- Balázquez (8), Carlos García (6, 3p), Ángel Iglesias (4), Iván Fernández (2), Óscar Silva (1), Colasuonno (3), Dani Hernández (2), Lloria.
BM GUADALAJARA (31): Hombrados, Benedito (9, 2p), Márquez (3, 1p), Víctor Montoya (1), Juan Agustín (4), Víctor Vigo (7), García Rubio (1) -sete inicial- Javier Parra (1), Moya (2, 1p), Sedano, Pedro Fuentes (1), Celada, Pablo Simón, Bozalongo (2), Eceolaza.
Árbitros: Merino Mori e Moyano Prieto. Excluíron a Balázquez (2), De Castro (2), Gehrhardt (2), Edu Moledo e Rial no Teucro e a García Rubio (2), Agustín, Márquez e Bozalongo no Guadalajara. Ademais descalificaron ao visitante García Rubio.
Marcador cada cinco minutos: 2-1, 7-2, 8-6, 10-10, 13-11, 17-14, descanso, 19-16, 21-18, 24-20, 29-24, 30-26 y 33-31.
Incidencias: Partido da Liga Asobal disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra ante 945 espectadores.
Relacionadas:
-
O Condes de Albarei Teucro, a "seguir creciendo" ante a visita do Granollers
Por Diego Espiño |
-
Acariña a sorpresa o Condes de Albarei Teucro deixando unha gran imaxe en Pamplona (33-32)
Por Redacción |
-
Primeiro partido de máxima dificultade para o Condes de Albarei Teucro na súa visita a Pamplona
Por Diego Espiño |
-
O Teucro quere "que se note" que a Liga Asobal volve a Pontevedra este sábado
Por Diego Espiño |
-
Teucro e Termas de Cuntis, un acordo de patrocinio que "va más allá de lo económico"
Por Diego Espiño |
-
O Teucro, satisfeito coa marcha da campaña de socios
Por Redacción |
-
Condes de Albarei Teucro remonta para rescatar un punto milagroso en Zamora (28-28) nun final eléctrico
Por Redacción |