Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, á final europea pola vía rápida
Por Redacción
Bo debut de Adrián Sieiro e Sergio Vallejo no Campionato de Europa Sprint de piragüismo que se está celebrando na localidade búlgara de Plovdiv.
Os padexeiros do Poio Pescamar clasificáronse de maneira directa para a final do C-2 1.000 metros ao conseguir o terceiro mellor tempo da súa serie clasificatoria (3:34.832), logrando o primeiro dos obxectivos que se marcaron na cita europea.
A outra meta, máis ambiciosa, será pelexar polo podio na final prevista para as 11:25 horas deste sábado.
Na primeira xornada do Campionato de Europa tamén competiu Natalia García (Breogán do Grove) no K-4 500 xunto a Estefanía Fernández, Miriam Vega e a tamén galega Raquel Dacosta (Club As Torres), avanzando ata a semifinal pero sen conseguir entrar finalmente na loita polas medallas.
Ademais Natalia foi sétima na súa serie do K-1 500 metros e tampouco puido avanzar ata a final.
Relacionadas:
-
Un sexto posto no C-1 200 pecha a participación de Adrián Sieiro no Europeo
Por Redacción |
-
Esforzo sen recompensa para Adrián Sieiro e Sergio Vallejo na final europea de C-2 1.000
Por Redacción |
-
Ilusións europeas para o piragüismo pontevedrés en Bulgaria
Por Redacción |
-
O Breogán do Grove acaba terceiro no Campionato de España Sprint de Verducido
Por Redacción |
-
Diego Romero e Adrián Sieiro, protagonistas no inicio do Nacional de piragüismo
Por Redacción |
-
Raquel Torres e Manuel Fontán, seleccionados para o Festival Olímpico da Xuventude
Por Redacción |
-
Sergio Vallejo e Adrián Sieiro, cuartos en C2 500, rozan unha nova medalla na Copa do Mundo
Por Redacción |