A terceira edición da Pontevedra 4 Picos, camiño dos 2.000 participantes
Por Diego Espiño
O Concello de Pontevedra foi escenario este martes da presentación oficial da terceira edición da Pontevedra 4 Picos Bike & Trail, unha proba que aos poucos foi facéndose un oco para "afianzarse no calendario galego e ampliando ao nacional e mesmo internacional" coa presenza de deportistas portugueses, recoñeceu Josevi Cimadevila.
Os preto de 2.000 participantes que se esperan (son xa máis de 1.500 os inscritos) "fan que sexa a proba máis importante en canto a participación de Galicia e do norte de España", sinalou Cimadevila, responsable da empresa organizadora Global DxT.
A Pontevedra 4 Picos celebrarase os días 22 e 23 de abril, estando o sábado reservado para a competición de BTT no seu circuíto habitual. Haberá dúas opcións, a curta con 67 quilómetros e dúas ascensións (Castiñeiras e A Fracha) e a longa de 130 quilómetros cos catro picos (Castiñeiras, A Fracha, Pontillón do Castro e Monte Castrove).
"É unha proba dura pero que está pensada para que todo ou mundo poida participar", incidiu Cimadevila.
A coincidencia da data habitual de celebración coa Semana Santa obrigou a atrasar unha semana a carreira, o que afectou sobre todo ao trail do domingo por haber máis probas similares programadas noutros lugares. Nesta disciplina ás opcións doutros anos con 17 e 34 quilómetros súmase un 'ultratrail' de 55 quilómetros de percorrido.
Con toda a organización preparada, preto de 200 voluntarios mobilizados e unha gran infraestrutura ao redor, incluíndo unha 'zona cero' no Recinto Feiral desde onde se dará a saída e estará situada a meta, agora só queda "desexar que non chova como o ano pasado", lembrou a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.
Relacionadas:
-
Peche coas modalidades de trail á terceira edición da Pontevedra 4 Picos
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Pontevedra 4 Picos, unha auténtica festa do ciclismo BTT na súa terceira edición
Por Diego Espiño |
-
Preto do 700 deportistas inscribíronse xa na terceira edición da Pontevedra 4 Picos
Por Redacción |
-
A Pontevedra 4 Picos terá tamén versión en estrada coa Clásica Evaristo Portela
Por Redacción |
-
Un ultratrail de 55 quilómetros, novidade para a terceira edición da Pontevedra 4 Picos
Por Diego Espiño |
-
O Trail pon a guinda á segunda edición da Pontevedra 4 Picos
Por Redacción |
-
Choiva, barro e épica na segunda edición da Pontevedra 4 Picos
Por Diego Espiño & Diego Torrado |