Mario Barco, aliviado tras descartarse unha lesión muscular de importancia
Por Diego Espiño
"Es lo mejor que podía haber pasado". Así explica Mario Barco o resultado da ecografía á que foi sometido este martes para coñecer o grado exacto da lesión muscular que se produciu durante o choque do pasado domingo ante o Valladolid B.
Segundo o dianteiro granate a proba reflexa que sofre "una contractura bastante grande, como mucho una microrrotura" no isquiotibial, deixando atrás a sombra dunha rotura muscular que lle tería afastado preto dun mes dos terreos de xogo.
"Nunca había tenido una rotura fibrilar y tenía malas sensaciones", recoñece aliviado Barco.
O futbolista rioxano perderase o partido do próximo domingo ante Osasuna B, pero que espera estar dispoñible para o choque de liga do 26 de marzo en Pasarón ante o Tudelano. Para iso este mesmo mércores, na volta aos adestramentos do equipos depués dunha xornada de descanso, iniciará o traballo de recuperación ás ordes de Manu Barros, fisioterapeuta do club, exercitándose a menor ritmo que os seus compañeiros.
Ademais da baixa de Mario Barco por lesión, o Pontevedra contará en Pamplona coa ausencia por sanción de Bruno Rivada, á espera do fallo do Xuíz Unico de Competición en relación á tarxeta vermella directa que viu no último partido de liga.
Relacionadas:
-
Competición desestima os recursos por Miguel e Bonilla, que serán baixa ante o Tudelano
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra recorre a expulsión de Miguel Loureiro e a amoestación de Bonilla en Pamplona
Por Diego Espiño |
-
A temperá expulsión de Miguel lastra a un bo Pontevedra que merece máis ante Osasuna B (2-1)
Por Redacción |
-
A cuarta seguida pasa por Pamplona
Por Diego Espiño |
-
Triunfo de triplo valor para o Pontevedra que supera ao Valladolid B (2-0) pero perde de novo a Mario Barco
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |