O Poio Pescamar cae en Móstoles cun gol no último suspiro (3-2)
Por Redacción
A piques estivo o Poio Pescamar de regresar de Móstoles cun importante triunfo, pero a fortuna foi esquiva ás pontevedresas, que terminaron cedendo a escasos segundos do final.
O encontro foi igualado e emocionante desde o inicio, nunha primeira metade de alternativa e ocasións na que tanto Silvia como a gardameta local, Ana Etayo, erixíronse en protagonistas para chegar ao decanso con empate sen goles.
O partido cambiou na segunda metade, porque o Poio aproveitou unha das súas primeira ocasións tras a pausa para adiantarse, cun gol de Jessy.
Celia nunha xogada de estratexia logrou o empate na seguinte acción pero Ale de Paz volvía poñer en vantaxe ás vermellas aos 30 minutos. O choque estaba a favor ata que as madrileñas apostaron polo xogo de cinco e obtiveron premio a falta de 4 minutos.
Co 2-2 a vitoria puido caer para calquera dos dous bandos. Tívoo na man o Poio no último minuto, cun remate de Ceci ao poste, pero o que podía o gol do triunfo pontevedrés converteuse na acción decisiva para as locais, que na contra fixeron o definitivo 3-2.
FSF MÓSTOLES (3): Ana Etayo, Patri Chamorro, Rocío, Celia, Inma -cinco inicial- Beth, María Otero, Ballesteros, Carmen Alonso.
POIO PESCAMAR (2): Silvia; Jenny Lores, Ale de Paz, Jessy -cinco inicial- Charo, Suki, Carolina, Ceci
Árbitros: Alonso Sanz e Rubio González- Amoestaron a Patri Chamorro no Móstoles e a Jenny Lores no Poio.
Goles: 0-1 Jessy (min.24), 1-1 Celia (min.25), 1-2 Ale de Paz (min.30), 2-2 Celia (min.36), 3-2 Inma (min.39).
Incidencias: Partido de liga disputado no pavillón Villafontana de Móstoles ante preto de 300 espectadores.
Relacionadas:
-
Puntos de ouro para o Poio Pescamar que remonta ao Jimbee Roldán (1-3)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar viaxa a Murcia coa sexta praza en xogo
Por Redacción |
-
Ao Poio Pescamar sobráronlle cinco minutos ante o Universidad de Alicante (2-4)
Por Redacción |
-
Ceci, protagonista indiscutible na volta da Selección Galega de fútbol sala
Por Redacción |
-
Malas noticias para o Poio Pescamar, que perde a Jessi Lores para o que resta de tempada
Por Redacción |
-
Poio Pescamar resolve na primeira parte fronte a Leganés (3-0)
Por Redacción |