Unha 'sesión vermú' amenizará a previa do partido entre Pontevedra e Valladolid B
Por Redacción
Mentres o primeiro plantel do Pontevedra traballa en chegar nas mellores condicións posible ao partido desta fin de semana en Asturias, ante o Lealtad de Villaviciosa, as peñas granates pensan xa no importante duelo do día 12 de marzo en Pasarón ante o Valladolid B, rival directo pola cuarta praza.
Por iso, a Agrupación Norte 1941 anunciou a organización dunha nova actividade, unha 'sesión vermú' coa que animarán a previa do encontro.
Celebrarase nos accesos da bancada de Tribuna, no Estadio Municipal de Pasarón, desde as 12:00 e ata aproximadamente as 14:30 horas.
Durante a xornada os afeccionados poderán gozar dun pulpeiro, comida e bebidas ademais de xogos e inchables para os máis pequenos. Os tickets para as racións de polbo (8 euros) poden retirarse previamente nas oficinas do Pontevedra e no Bar Breogán, ou poden reservarse no correo electrónico norte1941pontevedra@gmail.com ou na páxina de Facerbook da agrupación de peñas.
Relacionadas:
-
Triunfo de triplo valor para o Pontevedra que supera ao Valladolid B (2-0) pero perde de novo a Mario Barco
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Con todo o plantel 'enchufado' para recibir ao Valladolid B
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, ante unha xornada clave
Por Diego Espiño |
-
Kevin Presa e Jacobo Millán, entre algodóns
Por Diego Espiño |
-
Gol de ouro de Mario Barco para tombar ao Lealtad (0-1) no último suspiro
Por Diego Espiño |
-
O Lealtad de Villaviciosa, pedra de toque da reacción granate
Por Diego Espiño |
-
As peñas do Pontevedra estrean o "Terceiro Tempo Granate"
Por Redacción |
-
Os peñistas de Fondo Norte, todos a un tempo
Por Diego Espiño |
-
Os afeccionados do Pontevedra C.F. e do Racing únense nun xantar de confraternidade
Por Diego Torrado |