Os pequenos do SAPO dan a talla no Campionato Galego
Por Redacción
A piscina municipal de Carballo acolleu a pasada fin de semana o Campionato Galego de Inverno de Salvamento Deportivo para as categorías alevín, infantil e cadete, no que estivo ben representado o Club Salvamento Acuático Pontevedra (SAPO).
Acudiron á cita Sara Carballo, Elvira Álvarez, Daniel Méndez, Pablo Bethencourt, Xurxo Lorenzo e Antón López en categoría alevín; Aroa Gómez, Celia Lima, Uxía Lorenzo e Iria Lloveres en categoría infantil; e Uxía Amoedo, Sabela Bouzada, Sara Iglesias, Uxía Bethencourt, Carlos Montagut e Pablo Gómez en categoría cadete;
As boas actuacións individuais reportaron un gran número de medallas, empezando polas probas de remudas 4x50 obtáculos nas que conseguiron o ouro en categoría infantil feminina e prata na cadete feminina. Tamén lograron o título autonómico na remuda 4x25 maniquí, a 4x50 combinada e a 4x50 natación con aletas infantil feminino.
Ademais foron medalla de prata a remuda 4x50 obstáculo cadete feminino e Uxía Lorenzo nos 100 metros maniquí con aletas en idade infantil. Completaron o medalleiro con senllos bronces Celia Lima en 50 metros arrastre maniquí infantil, Uxía Amoedo nos 100 metros combinada cadete e a remuda 4x50 combinada cadete feminino.
Estes resultados enchen de moral a SAPO, que a próxima fin de semana acudirá ao Campionato Galego para as categorías xuvenil, junior, senior e master.