O Pontevedra aproba as súas contas a pesar da aparición dun grupo opositor ao Consello
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Tensa Xunta Xeral de Accionistas do Pontevedra Club de Fútbol a celebrada este martes no Teatro Principal de Pontevedra.
Un grupo empresarial, posuidor de aproximadamente o 37% das accións da entidade, destapouse como oposición á actual dirección do club granate pedindo a dimisión do seu Consello de Administración.
Un representante do devandito grupo, José Luis Tilve, exerceu de portavoz das empresas Meañomar, Marabal e Inversiones y gestiones alimenticias S.L.. Detrás destas empresas atópase o empresario Manuel Abal Camiña, que non estivo presente na xunta.
A pesar de destaparse como un dos máximos accionistas da entidade e a súa oposición á dirección do Pontevedra, o Consello de Administración presidido por Lupe Murillo viu referendada a súa xestión e aprobadas as contas co apoio do 62,64% do accionariado.
"Esta xente quería un sitio no Consello de Administración e agora mesmo non hai vacantes. Non teñen sitio ata o ano 2019, no meu caso ata o 2020, entón que esperen un pouco aínda ou que sigan comprando accións que parece que teñen moito diñeiro para comprar, a ver se o invisten no Pontevedra que nos vén moito mellor", valorou ao termo da xunta a presidenta granate, Lupe Murillo.
Lupe Murillo: "Que unha xente que non é de Pontevedra, que nunca tivo moito amor polas cores e non foi socio teña este interés é estraño"
"Que unha xente que non é de Pontevedra, que nunca tivo moito amor polas cores e non foi socio teña este interés é estraño, penso que poden ter outros intereses" sinalou a dirixente.
APROBACIÓN DE CONTAS CON SUPERÁVIT
En canto aos números presentados aos accionistas, o Consello de Administración pechou a tempada 2015/2016 con 77.366 euros de superávit, despois rexistrar uns ingresos de 925.253 euros e uns gastos de 847.887 euros.
Estes beneficios destinaranse á amortización dunha débeda que actualmente é de 1.188.634 euros, é dicir, 170.605 euros menos que hai un ano.
Na Xunta Xeral de Accionistas tamén se presentou o orzamento para a actual tempada, cunha previsión de ingresos de 945.500 euros e un superávit estimado de 7.500 euros.
A débeda do club é de 1.188.634 euros
Entre as partidas máis relevantes destaca o incremento no gasto destinado ao primeiro plantel, que se aumentou en 35.000 euros ata un total de 355.000 euros. Ademais destinaranse 75.000 euros a abonar "indemnizacións e varios", como as cantidades que o club debe pagar ao ex-adestrador Milo Abelleira debido a unha sentenza xudicial.
No Teatro Principal acreditáronse un total de 97 accionistas da entidade representando ao 90,46% do accionariado.
Relacionadas:
-
Acalorada Xunta Xeral de Accionistas no Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Suspenden a viaxe a Palencia organizada por afeccionados que estaba patrocinado polo grupo opositor ao Consello
Por Redacción | Creada e actualizada
-
RADIO.- Lupe Murillo aposta pola continuidade de Luisito: "El final seguro que será el que todos esperamos"
Por Redacción |
-
Esixencia máxima para o Pontevedra ante un reforzado Real Racing
Por Diego Espiño |
-
Gonzalo abandona o Pontevedra "por motivos persoais" e deixa unha ficha libre para acudir ao mercado
Por Diego Espiño |
-
O grupo opositor a Lupe Murillo nútrese de accións que foron de Mauricio Rodríguez, Milo e Nino Mirón
Por Ramiro Espiño |
-
Lupe Murillo reelixida por unanimidade presidenta do consello de administración do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
O Pontevedra pechou a pasada tempada cun superávit de 77.000 euros
Por Diego Espiño |