Teresa Abelleira volve contar para a Selección Española Sub-17
Por Redacción
Aos poucos Teresa Abelleira segue queimando etapas de formación nas categorías inferiores da Selección Española de Fútbol.
A centrocampista pontevedresa, que milita actualmente no Real Club Deportivo da Coruña, é a única galega convocada polo equipo nacional sub-17 para unhas xornadas de adestramento en Las Rozas.
A seleccionadora, Toña Is, citou a 24 futbolistas á concentración, que terá lugar nas instalacións da Real Federación Española, a Cidade do Fútbol, do 23 ao 25 de xaneiro.
Xunto a Abelleira compoñen a convocatoria: Rosa María Ortemín (Atlético de Madrid); Oihane Hernández e Eider Murgía (Athletic Club); Laura Laso (Ave Fénix Racing); Laia Aleixandri, Berta Pujadas, Candela Andújar, Ana Torroda, Laia Codina e Claudia Pina (Barcelona); Rosa Márquez (Real Betis); Catalina Thomas Coll (Collerense); Carla Bautista (Fundación Albacete); María Llompart (Espanyol); Silvia Rubio e Alejandra Bernabé (Madrid CFF); Esther Andrés Pascual (Manchego Real); Laura Gutiérrez e María Echezarreta (Oviedo Moderno); Eva María Navarro (Spa Alicante); Nerea Eizaguirre (Real Sociedad); Lorena Navarro (CD Tacón); e Nora Sánchez (Transportes Alcaine).