Gómez Noya anuncia a súa intención de competir nun dos catro mundiais que organizará Pontevedra en 2019
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Javier Gómez Noya celebrou este martes cun grupo de escolares da cidade o recente Premio de Asturias dos Deportes, que valorou como un "momento muy especial" e "una semana inolvidable en Oviedo" recoñeceu. E non é para menos, figura xa no palmarés do prestixioso galardón entre "nombres entre los que da vértigo estar" como Carl Lewis, Rafael Nadal, Fernando Alonso, Michael Schumacher, Yelena Isinbayeva ou Haile Gebrselassie, entre outros.
O pentacampeón mundial someteuse ao interrogatorio dos mozos nun acto publicitario organizado por un dos seus patrocinadores, a aseguradora Caser, no Pazo da Cultura
Antes de responder as preguntas, compartiu unha serie de momentos e vivencias cos presentes e debullou os seus obxectivos futuros, que pasan "por seguir disfrutando de este deporte", xa sexa "en el Ironman-larga distancia o en la distancia olímpica lo que tengo claro es que voy a seguir luchando por estar al más alto nivel", sinalou.
"No quiero retirarme de la distancia olímpica por un brazo roto, me gustaría retirarme en competición, sea ganando o que me ganen los rivales pero compitiendo", indicou en relación ao 2017, no que volverá disputar o Mundial en distancia olímpica.
Despois asoma no horizonte a longa distancia, e un evento que lle fai especial ilusión, o Festival Multideportes da Federación Internacional de Tríatlon (ITU) que se celebrará en Pontevedra en 2019. A cidade de Lérez acollerá ese ano os mundiais de dúatlon, tríatlon cros, acuatlón e tríatlon de longa distancia, e Gómez Noya, salvo lesión, participará: "No sé en cuál estaré pero estaré en alguno, veremos por dónde va mi carrera en ese momento", confirmou.
Será un paso máis na longa relación que mantén o mellor triatleta da historia coa cidade que o ve adestrar a diario e que gozou dos seus éxitos, na distancia e tamén nas diferentes probas organizadas co paso dos anos a beiras do río Lérez.
Relacionadas:
-
Pontevedra promociónase no Canadá de cara o Festival Multideporte que acollerá no 2019
Por Alejandro Espiño |
-
Os 'vampiros', á caza de Javier Gómez Noya
Por Redacción |
-
Javi Gómez Noya busca en Dubai a clasificación para o Mundial Ironman 70.3
Por Redacción |
-
O tríatlon pontevedrés traslada o seu cuartel xeral a Lanzarote
Por Diego Espiño |
-
Álvaro Arbeloa cómpralle a bicicleta a Javi Gómez Noya
Por Redacción |
-
Unha carreira de media distancia en Nova Zelandia, primeiro test na tempada de Gómez Noya
Por Redacción |
-
Gómez Noya doa 5.000 euros para colaborar no traballo social da Asociación de Veciños O Mirador
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Javier Gómez Noya recibe en Oviedo o Premio Princesa de Asturias dos Deportes
Por Redacción |
-
Gómez Noya, sobre Tokyo 2020: "Será el cuerpo y la mente el que cada año me vaya diciendo lo que debo hacer"
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya, tras a operación que lle aparta dos Xogos: "No descarto ir a Tokio"
Por Redacción |
-
Pontevedra será en 2019 a capital mundial do tríatlon
Por Diego Espiño |