Un contundente Teucro repite triunfo en Zarautz (20-29) e mantense á alza
Por Redacción
Cuarto triunfo consecutivo na liga da Sociedad Deportiva Teucro para consolidarse na cuarta praza da División de Honra Prata.
Os azuis repetiron en Zarautz a vitoria conseguida en Copa tres semanas atrás, pero fixérono dunha maneira máis contundente, dominando o choque desde os compases iniciais (20-29).
Os de Quique Domínguez non notaron as baixas coas que chegaban ao encontro e da man dun sobresaliente Borja Méndez en ataque (9 goles) anotáronse un parcial de 1-5 de saída que obrigou aos locais para pedir tempo morto.
O Zarautz quería reaccionar, pero o Teucro mostrou o seu version máis sólida, especialmente en defensa, para controlar o marcador e a súa vantaxe, que non descendeu xa dos tres goles en ningún momento.
Non só iso, tras chegar ao descanso con catro tantos de renda (10-14), os pontevedreses seguiron marcando a pauta para co paso dos minutos ampliar o marcador e sentenciar o choque.
Agora os azuis céntranse xa no encontro de Copa do Rei que lles enfrontará o vindeiro mércores no Municipal ao Go Fit Sinfín, nunha semana que concluirá co derbi ligueiro ante o Cisne.
Relacionadas:
-
Teucro-Cisne, máis de 30 anos esperando por este partido
Por Diego Espiño |
-
Boa imaxe do Teucro, superado na segunda parte polo Sinfín (28-33)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Unha semana para namorados do balonmán
Por Redacción |
-
Segunda visita da tempada a Zarautz dun Teucro mermado polas lesións
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Teucro e Cisne, unidos na promoción do balonmán galego
Por Redacción |
-
Terceiro triunfo nunha semana do Teucro ao vencer nun cómodo partido ao Nava (29-23)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |