Kevin Presa con pé e medio fora do Pontevedra
Por Ramiro Espiño
A celebración do Trofeo Luís Otero deixou unha noticia inesperada á súa conclusión, ao confirmar primeiro Luisito e logo a presidenta Lupe Murillo, que o xogador Kevin Presa podería abandonar nas próximas horas a disciplina granate.
O centrocampista non participou no partido, limitándose a realizar lixeiros exercicios na banda, xunto co seu compañeiro Capi, antes do comezo. Preguntado por este feito na sala de prensa ao finalizar o encontro, Luisito, deixando ver un certo malestar, manifestou que Kevin Presa non xogara por orde do club, para non correr riscos ante a súa case segura saída nas próximas horas.
Aínda que non quixo confirmar o equipo ao que se irá Kevin Presa, a presidenta Lupe Murillo, que escoitaba as manifestacións do adestrador, se indicou que ao 99 por cento o traspaso estaba feito, pendente unicamente de pequenos detalles, e que por iso tomouse a decisión de que non xogase xa fronte ao Lugo.
Falta por saber agora se, en caso de producirse a baixa de Kevin Presa, como así parece que será, buscarase un substituto, que tería que ser obrigatoriamente sub-23, xa que a última praza de xogador maior desa idade quedará cuberta coa contratación do dianteiro que faltaba, que igualmente confirmaron fontes do club está case pechado e podería incorporarse á disciplina do club este luns.
Relacionadas:
-
Mario Barco e Mateu Ferrer, unha parella de dianteiros que promete "ilusión y trabajo"
Por Diego Espiño |
-
Kevin Presa "se queda en el Pontevedra" tras renovar o seu contrato para as dúas próximas tempadas
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra sen ganas despide a pretemporada con derrota en Moaña (2-0)
Por Redacción |
-
Mateu Ferrer, o 'home gol' elixido polo Pontevedra
Por Redacción |
-
O Lugo leva un entretido Luís Otero (3-4) fronte un Pontevedra que deixa grandes detalles e merece máis
Por Ramiro Espiño & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra céntrase en "tres opciones" para a fichaxe dun dianteiro
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e Lugo pactan a cesión de Mario Barco
Por Redacción |