Aguete apúntase ao tríatlon cunha nova proba en distancia 'supersprint'
Por Redacción
O peirao de Aguete será lugar de saída dun novo triatlon popular, o I Tríatlon Supersprint Praia de Aguete, que se celebrará o vindeiro domingo 7 de agosto.
Incluído dentro da programación da Festa Náutica de Aguete, que terá lugar do 5 ao 7 de agosto, esta proba deportiva pretende sumarse ás celebracións.
Os deportistas cadetes e absolutos afrontará un percorrido de 400 metros de natación, 10 quilómetros de ciclismo e 2,5 quilómetros a pé, distancias que descenden en función das categorías previstas.
A proba absoluta partirá ás 10:00 horas, ás 11:00 horas farano os infantís, ás 11:40 os alevíns, ás 12:10 horas os benxamíns e ás 12:30 horas disputaranse carreiras de 100 e 200 metros para os máis pequenos.
A inscrición, habilitada ata o día 3 de agosto, ten un custo de 6 euros para os adultos e de 2 euros para os nenos.
A proba está organizada pola AA Festas Náuticas en colaboración do Club Deportivo Pinarium e o Concello de Marín.