O Cisne 'pesca' en Vigo o seu novo adestrador: Javier Fernández 'Jabato'
Por Redacción
De Vigo a Pontevedra. Do Academia Octavio ao Club Cisne Balonmán. Ese é o cambio que emprenderá o técnico Javier Fernández, coñecido deportivamente como Jabato, tras chegar a un acordo co club pontevedrés para converterse no adestrador do equipo de División de Honra Prata durante a próxima tempada 2016-2017.
O Cisne será o segundo equipo sénior que adestre o manchego, que estivo á fronte do Academia Octavio as dúas últimas tempadas, un equipo no que tamén exerceu como adestrador das categorías inferiores e como xogador tanto en Asobal como en División de Honra Prata.
Na súa faceta como xogador, con máis de 16 anos de experiencia, ademais do Academia Octavio, Jabato militou nas filas de equipos tan importantes como o BM Ciudad Real, o BM Torrevieja, o BM Altea, o Labaro Toledo BM e en División de Honra Prata no OAR da Coruña e no BM Alicante.
O corpo técnico completarase con Pablo Lorenzo como segundo adestrador e Nano Martínez que exercerá de preparador físico.
Jabato asegura estar "moi ilusionado e agradecido" á xunta directiva do Cisne "por apostar tanto por min como por Pablo".
O técnico recoñece que adestrar ao Cisne "trátase dun reto e estamos confiados de que xunto con Nano que nos vai axudar, crearemos un gran grupo e traballaremos moi duro para que o Cisne siga un ano máis en División de Honra Prata".
Relacionadas:
-
Fichar un extremo, prioridade do Cisne tras a incorporación de Chapela
Por Diego Espiño |
-
Javi Vázquez e Pablo Picallo continuarán un ano máis no Cisne
Por Redacción |
-
Carlos Pombo e Álex Chan seguirán no Cisne a próxima tempada
Por Redacción |
-
O Cisne gaña con autoridade a 'final' a BM La Roca (36-29) e consegue a permanencia
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |