A instalación da pista azul, unha dor de cabeza para o Teucro
Por Diego Espiño
Nunha encrucillada atópase a Sociedad Deportiva Teucro ante o próximo partido de liga contra o Barcelona, o día 11 de maio, e que será televisado por Movistar+.
O club pontevedrés recibiu esta semana, o luns concretamente, a notificicación oficial da sanción de 6.750 euros que se lle impuxo por non colocar a pista de xogo azul para o partido ante o Ángel Ximénez no Municipal, e agora exponse a unha nova multa de ata 30.000 euros, o que comprometería seriamente o orzamento da tempada.
Unha nova multa por non colocar a pista azul podería chegar aos 30.000 euros
"Vamos a recurrirlo y llegar a donde sea", anuncia o presidente teucrista, Carlos García-Alén, porque "no acepto la sanción". Por iso alegarán ante a Comisión de Apelación de Asobal e posteriormente, se é necesario, ante "el Tribunal de Justicia Deportiva, Consejo Superior de Deportes o la justicia ordinaria", defende o dirixente.
Todo porque o club pontevedrés acreditou no seu momento que tiña á súa disposición unha pista de xogo cedida polo Cangas, pero non dispoñía de tempo material para a súa instalación ao non contar co Pavillón Municipal libre ata as 8:00 horas do día do partido, é dicir, a 12 horas do choque cando se necesita preto dun día para a súa montaxe. "El Teucro no ha pasado de los acuerdos de Asobal, hemos querido montarla pero no ha sido posible", argumenta García-Alén.
Carlos García-Alén: "¿Qué negocio hemos hecho? El negocio lo hace Asobal"
Agora, ante o Barcelona, o problema repítese. É por iso que o Teucro tentará que Cangas ou Ademar lle cedan a pista coa que contan, con todo a súa colocación supón un contratempo económico. Os cálculos falan de que a montaxe da pista azul supón, aproximadamente, un desembolso de 5.000 euros por partido entre traslado, montaxe, colocación de adhesivos publicitarios e pago aos operarios, cando unha entidade como o Teucro recibe "entre 10.000 y 12.000 euros" de Asobal polos dereitos televisivos de toda a tempada.
"¿Qué negocio hemos hecho? El negocio lo hace Asobal", reflexiona Carlos García-Alén resignado ante unha situación que está previsto discutir na próxima asemblea da asociación de clubs, prevista para o próximo 7 de maio.
ANTE O BARCELONA, DÍA DO CLUB
O partido ante o Barcelona foi declarado día do club, o que supón que todos os afeccionados teucristas deberán pasar polo despacho de billetes. As entradas para socios establecéronse en 5 euros, mentres o público xeral abonará 15 euros para ver a un dos mellores equipos europeos. As entradas están xa á venda nas oficinas do club, no Pavillón Municipal dos Deportes.
Relacionadas:
-
O Teucro perde en primeira instancia a demanda contra Asobal pero anuncia recurso
Por Redacción |
-
Misión (case)imposible para o Teucro
Por Diego Espiño |
-
O Concello asumirá o gasto de colocar a pista azul para o Teucro-Barcelona
Por Redacción |
-
Sen descanso cara a permanencia
Por Diego Espiño |
-
O Teucro Pescamar feminino e o filial masculino xogarán o ascenso na casa
Por Redacción |
-
Naturhouse impón a lóxica e varre ao Teucro no primeiro tempo (33-26)
Por Redacción |
-
A retirada do BM Aragón, unha "mala noticia" para o Teucro aínda que lle achegue á permanencia
Por Diego Espiño |