Real Racing, un favorito ao ascenso que chega en forma a Pasarón
Por Diego Espiño
Chega o Pontevedra a un dos partidos máis esperados pola afección esta tempada, ante un historico como o Real Racing Club (domingo, 18:00 horas), nunha situación similar á da primeira volta en canto a sensacións, non así a nivel clasificatorio onde se atopan nunha máis que cómoda quinta praza.
Os granates aproveitaron o golpe de moral que lles deu o triunfo no Sardinero para encadear unha impresionante serie positiva que lle levou a situarse nos primeiros postos. Por aquel entón o cadro santanderino, claro favorito ao ascenso, atravesaba unha etapa irregular, pero o partido serviu tamén de punto de inflexión para xogadores adestrados por Pedro Munitis.
Desde aquel choque e unha volta despois, o Racing só perdeu dous encontros de liga, ambos fóra da casa, nas xornadas 11 e 19 (Leonesa e Coruxo) e chegan ao Estadio Municipal de Pasarón en forma tras encadear sete xornadas sen perder, aínda que deses sete partidos catro saldáronse con empate.
Son terceiros en liga con 47 puntos, empatados co Logroñés na segunda praza, aínda que non gañan a domicilio desde o 13 de decembro en Santiago de Compostela.
Un óso duro para o Pontevedra, máis se cabe coas ausencias que deberán afrontar os granates ante a sanción dun partido á que foi a súa segunda liña de ataque nas últimas xornadas (Hugo, Bello e Jacobo).
Pola súa banda o Real Racing chega á cita con menos problemas para confeccionar a aliñación, e é que Munitis recupera esta semana a Borja Granero tras cumprir un partido de sanción e está pendente da evolución dos irmáns San Emeterio, que se perderon o último encontro por problemas de pubes pero que esta semana volvero ao traballo co resto do grupo.
Problema aparte para os de Santander é a delicada situación económica que atravesa a entidade e que mesmo puxo en dúbida a viaxe da expedición a Pontevedra. Finalmente, tras asegurar unha partida económica para este aspecto, o Racing viaxará ata as Rías Baixas o sábado, tras o adestramento matinal, aínda que decidiu pernoitar en Vigo e desprazarse desde alí o domingo ata o Estadio Municipal de Pasarón.
MINUTO DE SILENCIO EN MEMORIA DE NANDO YOSU
O Pontevedra Club de Fñutbol confirmou que o vindeiro domingo se gardará un minuto de silencio polo falecemento de Fernando Trío Zabala, coñecido futbolísticamente como Nando Yosu, institución no Real Racing Club e que militou como xogador no cadro granate durante a súa última etapa en Primeira División.
Relacionadas:
-
Empate con sabor a triunfo dun heroico Pontevedra fronte o Real Racing (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Confianza na segunda unidade ante a visita do Real Racing
Por Diego Espiño |
-
As sancións, problema engadido para o Pontevedra ante a visita do Real Racing
Por Diego Espiño |
-
A 'conexión xerezana' e a Virxe Peregrina dan a vitoria ao Pontevedra en Coruxo (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |