Ao Natación Galaico escápaselle o ascenso a Primeira División
Por Redacción
Non puido conseguir o obxectivo o equipo feminino do Club Natación Galaico na Copa de España de Segunda División, celebrada en Barcelona durante toda a fin de semana.
Acudía o club pontevedrés coa intención de recuperar a categoría perdida hai un ano, pero finalizou na cuarta posición, lonxe dos primeiros postos.
O Galaico, que viaxou cun equipo de 12 nadadoras e Bea Gómez á cabeza, conseguiu 688,5 puntos. Primeiro foi o club organizador, o CN Barcelona (802 puntos) e segundo o UCAM CN Fuensanta (798 puntos).
Participaban na cita un total de 12 clubs, ascendendo Barcelona e UCAM Fuensanta a Primeira División.
Relacionadas:
-
Bea Gómez, incluída no programa 'Becas Podium' do Comité Olímpico Español e Telefónica
Por Diego Espiño |
-
Bea Gómez busca a clasificación olímpica en Sabadell sen marxe para o erro
Por Diego Espiño |
-
O Galaico acode con nove nadadores ao Campionato de España Infantil e Junior
Por Redacción |
-
Águeda Cons e o Galaico, medalla de bronce no Nacional de Longa Distancia
Por Redacción |
-
O Natación Galaico, na busca de recuperar a categoría perdida
Por Redacción |
-
O Natación Galaico cumpre os prognósticos e proclámase campión galego de inverno
Por Redacción |